InicioCULTURAO Museo Casares Quiroga expón na Coruña unha mostra da Asociación de...

O Museo Casares Quiroga expón na Coruña unha mostra da Asociación de Artistas en homenaxe a Picasso

Publicada o

Por europapress

O Museo Casares Quiroga (podes realizar aquí unha visita virutal ao museo) acolle ata o día 28 de maio o II Salón de Primavera da Asociación de Artistas coa que lle rende unha homenaxe a Picasso a través dunha exposición que reúne obras de 27 autores diferentes.

Nela, recóllese unha gran variedade de estilos e técnicas que conviven no propio seo da asociación promotora da exposición, que organiza en colaboración coa área de Cultura do Concello.

Con esta mostra, a Asociación de Artistas réndelle, ademais, homenaxe a Pablo Ruiz Picasso. Poderanse ver óleos, acrílicos e traballos en carbón dentro das diferentes obras que se exporán.

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...