InicioMOV. SOCIAISOs (ex)traballadores de Alu Ibérica paralizaron Juan Flórez

Os (ex)traballadores de Alu Ibérica paralizaron Juan Flórez

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volveron a rúa os traballadores desempregados de Aluibérica. Porque eles non se consideran extraballadores do metal, queren volver aos seus postos de traballo na industria do país.

Levan anos de piquetes na fábrica da antiga Alcoa, e meses de loita nas rúas dende o seu peche. Xa o pasado 1 de maio lideraron a manifestación do Día do Traballador e este xoves 11 de maio paralizaron a rúa Juan Flórez.

Foi no marco das concentracións convocadas polo último Comité de Empresa, liderado por CCOO, que esixe unha solución industrial á situación da histórica fábrica de aluminio que foi vilipendiada por empresas e fondos de investimento, e esquecida polas administracións. Ducias de promesas teñen recibido de todas as cores políticas, pero ao final, todas se perden no vento.

Agora volven á rúa porque o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) ten anunciado que vai afrontar o pago das indemnizacións do persoal (as mínimas legais, 20 días por ano traballado), pero para eles non é unha boa nova, porque supón o recoñecemento da sentenza de morte das fábricas e consideran ao Goberno Central e á Xunta cómplices deste desconcerto. Por iso piden “recolocacións”, como sinala o expresidente do último de empresa, Juan Carlos López Corbacho, ademais de buscar “unha solución industrial á fábrica”.

Por detrás, ademais de 30 anos de industria metaleira, queda un progresivo desmantelamento da fábrica, despedimentos, prexubilacións, vendas segredas feitas en fraude, e un ano de mentiras das administracións.

ÚLTIMAS

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

Despois de meses de queixas, protestas e manifestacións de milleiros de familias a través...

“Non tería collóns de facer semellante cousa”, di a irmá do loteiro acusado de quedar cunha Primitiva

A irmá dos dous acusados por, presuntamente, quedar cunha primitiva millonaria na Coruña en...

Folga indefinida dos controladores aéreos de Alvedro a partir deste venres

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO convocaron a partir do 17...

A Lonxa do Gran Sol e o encoro de Meicende, entre as obras que renecesitan rehabilitación e difusión pública para o Colexio de Enxeñeiros

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia vén de emitir...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here