InicioDEPORTESRunki, a festa deportiva que visibiliza a diversidade funcional

Runki, a festa deportiva que visibiliza a diversidade funcional

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”Estamos de festa”, recoñecía ao remate un dos membros do equipo Enki. “Levo décadas participando en todo tipo de carreiras, pero nunca me emocionionei coma hoxe”, recoñecía na Praza de María Pita Teresa Castro, a atleta vimiancesa, participante mesmo de campionatos de Europa de Veteranos, que hoxe se estreaba levando unha desas impresionantes cadeiras deportivas.

Carreira Runki 2023 4
Así estaba a saída da RUNKI

Foron precisamente esas cadeiras as grandes protagonistas da Carreira inclusiva RUNKI, promovida pola entidade ENKI e a Fundación Adcai co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Vegalsa-Eroski. Chegadas de todas partes do estado (Yocorroporlúa, Corregamusin@s solidari@s, Discamino, AEFAT, Zureirrifarranireindarra, Grupo Los Disis, y Cohete Team, Familia Superlu Arrastrasillas Déjame tus piernas, Apapachando, ademais do padrino Eric Domingo, referente en carritos de running), demostraron a importancia de promover o deporte entre as persoas con discapacidade como verdadeiro vehículo da integración social.

Foron máis de 3000 participantes os que encheron de cor a cidade coas súas capas de superheroe. A proba partía de Riazor, e chegaba a Maria Pita, pasando pola Torre os máis deportistas (na proba de 7K) e directamente pola rúa Real as familia (na proba de 2k). Polo camiño, gaiteiros, bandas de rock… para facer bailar e disfrutar desta carreira festiva.

Máis festa á chegada a Marái Pita, onde se entregaron os premios ao Mellor Disfraz (Ortodix Tooth), Mellor Disfraz en Grupo (Rubrik’s Cubes), o equipo mixto máis rápido (Estrellas de Galicia), o grupo Adaptado feminino (Silvia Roldán, a nai de Eric), o 1º clasificado adaptado masculino (Víctor García Carro). Ademais, Jorge Cortés foi o campión na categoría masculina e Begoña Gonzále (na feminina).

Todo, para recadar un total dos 18.768 euros que se destinan integramente ás bolsas Runki.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple entre catro vehículos en Arteixo

Unha colisión múltiple entre catro vehículos deixou dúas persoas feridas este sábado en Arteixo,...

A Garda Civil intervén 83.836 xoguetes irregulares en festas patronais da Coruña

A Garda Civil da Coruña interveu 83.836 xoguetes carentes de marcado CE e da...

O Colón acolle hoxe o a primeira edición dos Premios Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego

O Teatro Colón acolle hoxe sábado, 19 de setembro, a primeira edición dos Premios...

A Coruña e Santiago crearán un grupo de traballo sobre vivenda para reclamar a Xunta os fondos estatais para as Zonas Tensionadas

As alcaldesas da Coruña, Inés Rey (PSOE), e de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here