InicioDEPORTESA Cidade Deportiva da Torre terá por fin unha cantina

A Cidade Deportiva da Torre terá por fin unha cantina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Décadas levan as familias da rapazada máis deportiva da Coruña preguntándose por que a cidade cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias non ten unha cantina. Un espazo onde refuxiarse os días de temporal mentres @s máis de 18.000 nen@s adestran ou xogan (fútbol, baloncesto, tenis, padel, hockey…), onde tomar algo quentiño polo inverno e fresco polo verán. Unha cantina das que sempre hai nos campos.

Por fin, e tras ter este proxecto paralizado dende 2015, o Concello vén de anunciar que procederá a instalar unha cafetería tras recibir o informe favorable do Consello Territorial do Patrimonio Cultural de Galicia. Os traballos comezarán nos próximos días e teñen un prazo de execución de tres meses e estará operativa a partir de setembro.

A instalación dun módulo metálico prefabricado quedará asentado na cara leste do edificio do frontón da Torre. A cafetería quedaría deste xeito oculta desde a Torre de Hércules, un dos requisitos patrimoniais existentes.

ÚLTIMAS

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

A Coruña quere recuperar recuperar conexións nacionais na súa política aeroportuaria

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que a cidade herculina aposta por recuperar...

12 novas citas musicais para o porto coruñés

Segue pechado o porto de Batería para que as iniciativas privadas aproveiten e moneticen...

Escalando cos avós

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here