InicioECONOMÍAAlvedro, o aerporto que máis crece de Galicia

Alvedro, o aerporto que máis crece de Galicia

Publicada o

Por editor

Os tres aeroportos galegos moveron entre xaneiro e maio máis de 2,2 millóns de pasaxeiros, un 31,1% máis que no mesmo período do ano anterior, e operaron máis de 22.000 voos, o que supón un incremento do 13,6%. Así o reflicten os datos estatísticos feitos públicos este luns por Aena, que apuntan datos positivos no cómputo xeral de usuarios, con respecto tanto a 2022 (no caso do tres), como a 2019 (no caso de Santiago e Vigo).

En conxunto, os tres aeródromos de Galicia moveron ata maio 2.204.208 pasaxeiros, 523.562 máis que no mesmo intervalo do ano anterior, o que supón un 31,1% máis. O aumento máis importante en cifras correspóndese co aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro, que moveu no primeiros cinco meses do ano 1.283.885 pasaxeiros, un 21,4% máis que en 2022. No caso dos aeródromos da Coruña e Vigo, experimentaron importantes incrementos porcentuais –do 48,5% e do 46,8%, respectivamente–, e foron utilizados por 487.694 e 432.629 usuarios.

En canto aos voos operados ata maio, foron 22.078 no conxunto de Galicia, 2.649 máis que hai un ano. Por aeroportos, 9.822 foron en Santiago –9,4% máis–, 6.298 na Coruña –14,7% máis– e 5.958 en Vigo –20,1% máis–.

Os datos do mes de maio, pola súa banda, tamén foron bos no tres aeroportos, se se comparan cos de 2022. En concreto, 318.868 persoas pasaron polo Lavacolla-Rosalía de Castro, 107.954 por Alvedro e 98.562 por Peinador. Os incrementos son, respectivamente, do 3,8%, do 26,6% e do 30,6%.

ÚLTIMAS

Urbano Lugrís: surrealismo atlántico cargado de identidade

Urbano Lugrís González (A Coruña, 1908) foi un artista fundamental para entendermos a evolución...

Sanidade Exterior autoriza o desembarco na Coruña do cruceiro ‘Ambition’ tras o brote de gastroenterite

Os técnicos de Sanidade Exterior autorizaron o desembarco na Coruña do cruceiro Ambition, no...

O Mural desoe ás promesas das administracións e convoca unha nova manifestación para defender o coidado dos frescos de Lugrís

Lanzaba con retranca este luns Rodrigo Osorio no Xornal o anuncio dunhas hipotéticas boas...

O metal da Coruña amplía a folga aos días 26 e 27 de maio ante o bloqueo do convenio

O sector do metal na provincia da Coruña acordou ampliar a convocatoria de folga...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here