InicioCULLEREDOAsí é goberno en minoría do PSOE de Culleredo

Así é goberno en minoría do PSOE de Culleredo

Publicada o

Por editor

O PSOE perdeu a maioría en Culleredo, pero mantén a alcaldía de José Ramón Rioboo. Sen o apoio do BNG (o grupo tiña decidido non formar foberno pois considera que “Riobóo liderou durante os últimos 6 anos un goberno municipal que actuou con total falta de transparencia e de costas á veciñanza”), o PSOE vén de formar un goberno en minoría, con 8 áreas.

O alcalde asumirá a área de Presidencia, Urbanismo e Seguridade da Cidade. incluíndo a planificación estratéxica, as competencias da Policía Local e Protección Civil e a coordinación de todas as áreas.

As tres primeiras alcaldías serán mulleres: Cristina Pardo (que levará Cidade e Participación Deportiva), Marta Iglesias (Economía, Facenda e Urbanismo) e Marta Figueroa (Cohesión social, Recursos Humanos e Interior Rexime).
Carlos Liñares (Transición ecolóxica, Obras Públicas e Servizos); Penélope López (Cultura), Juan Carlos Iglesias Lovelle (Dinamización Social) e Mario Iglesias (Comercio, Industria e Turismo) completan o equipo de goberno.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here