InicioDEPORTESSete quilómetros en bicicleta na cidade da Coruña para fomentar o deporte

Sete quilómetros en bicicleta na cidade da Coruña para fomentar o deporte

Publicada o

Por europapress

Un grupo de vinte corredores profesionais e non percorreu sete quilómetros en bicicleta este mércores na cidade da Coruña para fomentar o deporte.

O grupo denomínase ‘Beers Runners’ e saíu do Complexo Deportivo Municipal San Diego con camisetas laranxas. Segundo o coordinador nacional disto grupo, Dani Quintero, eles buscan “conciliar deporte, cervexa e lecer”. Isto porque despois de completar o percorrido establecido de bicicleta, os participantes reúnense para beber unha cana e comer unhas tapas.

A iniciativa empezou en España hai 10 anos e pretende fomentar a práctica deportiva. “Organizamos quedadas por todo o territorio nacional nas que participan corredores de todo tipo, profesionais ou novatos, de calquera idade”, sinalou Quintero.

Así mesmo, existen 53 grupos por toda España que organizan as súas quedadas semanais a través das redes sociais. Saen a correr cada semana e, despois do exercicio, gozan dunhas cervexas e unhas tapas.

“O movemento ‘Beer Runners’ conseguiu animar e unir a todo tipo xente a seguir un estilo de vida activo, buscando romper coa rutina, cunha cervexa e unha tapa como recompensa tras unha carreira. Non podemos estar máis emocionados por podelo gozar de novo nas rúas da Coruña”, afirmou o capitán coruñés Juan Ramos.

Os capitáns locais son os encargados de convocar as quedadas, de administrar o grupo en redes sociais e de animar aos corredores a compartir estes momentos.

ÚLTIMAS

“Que pasa, que pasa? Que non teño casa!”

Centos de persoas percorreron esta mañá de sábado 6 de xuño as principais arterias...

A Xunta estuda encapsular os murais de Lugrís mentres non se desbloquea a rehabilitación do inmoble da rúa Olmos

A apenas 2 días da manifestación ”A Coruña pola beleza. Deixade pasar as ondas...

Máis dunha decena de asociacións veciñais integran a nova Xunta Directiva da FAVA

Este pasado venres, no local da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e...

O Festival Mar de Mares enche de natureza a fin de semana

Xa está en marcha o fermoso Festival Mar de Mares. Nesta XIII edición, o...