InicioCULTURAAtlantic Pride: Os 90 tomaron os Xardíns a golpe de éxitos

Atlantic Pride: Os 90 tomaron os Xardíns a golpe de éxitos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

De hit en hit, en clave 90, seguiu sumando actuacións o Atlantic Pride na pasada noite de xoves. Ambientazo festivo, distendido e divertido o vivido nos Xardíns de Méndez Núñez nunha xornada de “one hit bands”.

Quecía motores DJ90, que como vén sinala no seu nome, lanzou unha serie interminable de temazos noventeiros acompañados de vídeos de programas, anuncios, series… míticas daqueles tempos. Xa se notaba nun público bastante máis veterano que o visto o martes coas Fillas de Cassandra.

Os herdeiros da Locomía de Xavier Font (cómpre ver o documental de Movistar para enteder a dispersión desta banda que en apenas uns meses de éxito ibicenco cambiaron o panorama do espectáculo musical español) lanzaron os seus abanos ao vento, acompañados dos multicolor que se repatiron entre o público. Dous temas, e ale, seguinte.

Saíu a africana Rozalla, co seu eterno “Everybody’s free”, que cantou un público cada vez máis numeroso, que xa enchía os Xardíns despois de facer colchón nunhas xa ateigadas rúas de tapas do centro da cidade.

Quedou algo curta esa media hora de concerto con Daisy Dee from Techonotronic. Menuda bomba en escea a holandesa, co seu irmán e fillo aos platos, facendo bailar a absolutamente todo mundo.

Aínda houbo tempo para que a italobrasileira Corona lanzase o mítico “The rithm of the nigth” tras longas conversas coa audiencia.

Para rematar, volvían os temazos noventeiros cun Dj90 que xa tiña gañada a partida de antemán.

Programa Completo

Aínda quedan dúas noites de baile nos Xardíns de Méndez Núñez. Baile pero tamén algo de tensión, a que se vivirá coa chegada de Mario Vaquerido despois das súas declaracións en contra das propias celebracións do Orgullo LGTBIQ+. Ás 21:30h está prevista que suba ao escenario coas súas Nancy Rubias e veremos como a cidade o recibe.

Xentes con Orgullo

Atlantic Pride-Xente do Orgullo
Atlantic Pride-Xente do Orgullo

ÚLTIMAS

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

(VÍDEO) Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas “desproporcionadas” cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

Mentres o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios...

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de...

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here