InicioOLEIROSTriplícase o número de usuarios que elixen o autobús para ir á...

Triplícase o número de usuarios que elixen o autobús para ir á praia a Oleiros despois de reforzar o servizo

Publicada o

Por europapress

Os usuarios que elixen o autobús este verán para ir á praia de Oleiros triplicáronse tras o reforzo dos servizos levados a cabo pola Xunta ao areal de Santa Cristina. En concreto, informou a Xunta, na primeira quincena do mes de xullo case 2.100 eusuarios colleron o autobús autonómico ou baixaron na parada da praia de Santa Cristina, 1.300 persoas máis que no mesmo período do ano anterior, cando se alcanzaron os 800 usuarios.

Así, o número de viaxeiros que empregaron esta parada, que a Xunta activa durante os meses estivais, experimentou un crecemento de ata un 260%.

Para facilitar os desprazamentos á praia este verán entre A Coruña e Oleiros, a Xunta reforzou desde o 15 de xuño os servizos de transporte público autonómico con parada en Santa Cristina, engadindo esa parada nas liñas do corredor A Coruña-Mera.

Este ano, a Xunta adiantou unha quincena a activación das liñas de autobús dirixidas a atender os desprazamentos á praia no ámbito da área da Coruña, que en anos anteriores comezaba o 1 de xullo.

Con este adianto dos reforzos estivais cara ás praias de Oleiros, xa no mes de xuño o transporte público levou ao areal de Santa Cristina a 1.100 usuarios. En total, ata o 15 de xullo, subiron ou baixaron na praia de Santa Cristina 3.200 persoas, unhas 2.400 máis en comparación co ano pasado.

ÚLTIMAS

Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante; as propostas de Volotea para A Coruña

O prazo aberto para presentar ofertas para cubrir os destinos nacionais no concurso convocado...

Nace CAbe (Coruña Arte Aberta), a nova fiestra aberta á arte contemporánea galega

Mentres esmorece o museo da Fundación Luís Seoane, un dos catro grandes museos de...

Activada a alerta laranxa por choivas no oeste da provincia da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este mércores a alerta laranxa por...