InicioA CORUÑABetanzos podería levantar as restricións de auga a próxima semana

Betanzos podería levantar as restricións de auga a próxima semana

Publicada o

Por editor

Concello de Betanzos estuda levantar as restricións da auga no municipio ao limitarse a presenza de norovirus, segundo informa. En concreto, sinala que se faría excepto na parte do municipio que depende do depósito de Xanrozo.

En concreto, precisa que as últimas analíticas apuntan a que os traballos de desinfección realizados pola empresa concesionaria “están a dar os seus froitos” e avanza que “a próxima semana podería cambiar a situación” no municipio, en referencia ás restricións.

Faino tras a reunión mantida pola alcaldesa, María Barral, con responsables técnicos de Saúde Pública e Augas de Galicia para valorar as últimas actuacións e as analísticas que diariamente se están realizando.

A rexedora apuntou que actualmente a presenza de norovirus, segundo os informes das analísticas, mantense soamente no depósito de Xanrozo.

Para o luns, está previsto que se tomen novas mostras de confirmación “e no caso de que os resultados obtidos, que se coñecerán a próxima semana, sexan satisfactorios, levantaríanse as restricións, excepto nos núcleos que abastece o depósito de Xanrozo”.

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here