InicioSOCIEDADETres colexios da provincia da Coruña non abrirán as súas portas o...

Tres colexios da provincia da Coruña non abrirán as súas portas o próximo curso “por falta de alumnado”

Publicada o

Por europapress

O CEIP de Torrexallóns (Laxe), o CEIP de Pousada Carcacía (Padrón) e a Escola de Educación Infantil de Carnés (Vimianzo) (cunha, dous e catro matriculas respectivamente) non abrirán as súas portas o próximo curso escolar “debido á insuficiente matricula por falta de alumnado”.

Así o comunicou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades este venres, que sinalou tamén que os nenos matriculados nestes centros xa teñen praza nos colexios de referencia dos seus respectivos concellos.

Así, o próximo curso escolar arrincará en Galicia o próximo 11 de setembro cun total de 11.934 aulas para 225.013 alumnos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato no sistema educativo público.

A Xunta asegurou nunha nota de prensa que se reforza o número de unidades para o próximo ano académico en comparación co curso anterior, no que “estiveron en funcionamento 11.916 aulas”, a pesar de rexistrarse “case 2.000 matriculas menos” –226.811 alumnos o curso pasado–.

Enorme recorte

Segundo  CIG-Ensino, a Consellaría vén de acometer un dos maiores recortes dos últimos anos coa supresión de 89 prazas e 60 unidades só en infantil e primaria en Galicia, concretamente 38 de infantil e 51 de educación primaria, incluídas nestas, sete en distintos centros de educación especial.

Na cidade sufrirán recortes en unidades ou en persoal varios centros de ensino da comarca coruñesa:

  • CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)
  • CEIP Curros Enríquez (A Coruña)
  • CEIP Sagrada Familia (A Coruña)
  • CEIP Plurilingüe Alborada (A Coruña)
  • CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña)
  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez (Cambre)
  • CEIP Portofaro (Cambre)
  • CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo)
  • CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo)
  • CEIP Sofía Casanova (Culleredo)
  • CEIP Plurilingüe da Rabadeira (Oleiros)

 

15.000 SOLICITUDES

Para a escolarización no próximo curso, a Consellería recibiu sobre 15.000 solicitudes de praza para nenos e nenas que entran por primeira vez nos colexios galegos (concretamente o alumnado de tres anos que entra en 4º de Educación Infantil), para quen se oferta algo máis de 26.000 prazas dispoñibles no sistema.

Segundo a Consellería, isto supón que preto do 58% das prazas de novo ingreso ofertadas quedan libres. É dicir, que o 99,2% do alumnado que solicitou praza en 4º de Infantil nos centros do catro provincias para este curso obtívoa no colexio escollido como primeira opción.

Cifras, máis que persoas

Así mesmo, o departamento que dirixe Román Rodríguez quixo lembrar que os cocientes establecidas pola normativa estatal para Infantil e Primaria son de 25 alumnos por aula, e en Galicia, o 70% das aulas destas etapas teñen 20 alumnos ou menos (e destas, destacou, o 30% teñen 10 ou menos alumnos).

A isto engadiu que a Comunidade mantñen unha media de 9,8 estudantes por cada docente fronte á media nacional de 11,4 en España.

 

 

ÚLTIMAS

Lanzan unha campaña solidaria para crear a Fundación Daniela Vieito e apoiar a vítimas de abuso e malos tratos

Ponse en marcha dende A Coruña unha campaña de micromecenazgo para a creación da...

Manuel Casal Lodeiro presenta en Berbiriana o seu último e crítico libro sobre a transición enerxética

Este xoves, 30 de outubro ás 19:00 horas, Manuel Casal Lodeiro, o coordinador do...

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Un ano máis, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, coa axuda da Deputación...

Un camión de Estrella Galicia perde parte da súa carga en Sabón

Un camión de Estrella Galicia perdeu este luns parte da carga que transportaba cando...