InicioBARRIOSArrincan as Festas de Novo Mesoiro

Arrincan as Festas de Novo Mesoiro

Publicada o

Por editor

Este venres comezan as festas de Novo Mesoiro. Unhas festas das que se ten desmarcado a Asociación de Veciños pola falta de comunicación municipal, que contarán con catro xornadas con actividades para todas as idades.

O punto de partida será o espectáculo ‘¡Esto es rock!’, dirixido polo xornalista musical Javier Becerra e que conta coa actuación de Carolina Rubirosa. Trátase dun divertido e emocionante repaso da historia da música rock para toda a familia.

Por outra banda, o público infantil tamén contará nesta Festas de Novo Mesoiro cunha
xornada exclusiva para a súa idade. Baixo o nome de Día do Neno, o luns 28 de agosto as
atraccións instaladas no parque continuarán abertas e contarán con prezos especiais.
Por outra banda, DJ Javito únese á programación para amenizar e animar os períodos
anteriores e posteriores do resto de actuacións que se realizan no parque. Ademais, haberá polbo e churrasco a prezo rebaixad para promover a convivencia nestas festas.

 

O venres, día 25, despois do rock familiar, ás 22.00 horas terá lugar a actuación da banda coruñesa Doctor Snob.

O sábado 26 haberá actuación dentro do programa itinerante para todos os públicos Cascarillarte, a cargo de Máximo Óptimo, a partir das 12.30 horas. A sesión vermú comezará ás 14.00 horas co Dúo Karamba, mentres que ás 22.00 horas haberá actuación da orquestra Triunfo.

O domingo 27 a xornada comezará coa actuación, ás 14.00 horas, da banda Virtual Project. Pola tarde haberá unha nova sesión de Cascarillarte, ás 19.30 horas, a cargo de Bandullo Azul, que representará “Fazula” e “O Ladrón de Paraugas”.
A actuación de Café Quijano, todo un referente do pop e do rock en español, será o domingo ás 22.00 horas na explanada do centro cívico.

ÚLTIMAS

A veciñanza da Agra denuncian que o acordo urbanístico consolida “unha política especulativa indecente”

Levan décadas pelexando por un parque para o seu barrio. E por agora apenas...

Da “Casita” de Bad Bunny á “Estanquera” de Saigón

Rematou o curso. É marabilloso traballar con adolescentes. Esas ganas de vida. Escoitar as...

O Burgo marida o Jazz co Medievo

Mentres o paseo marítimo do Burgo viaxa ao Medievo co Mercado Templario, o Xardín...

Samuel Luiz, cinco anos do seu asasinato con tres condenados e novo homenaxe de recordo este venres na Coruña

Este venres cúmprense cinco anos do asasinato de Samuel Luiz, na madrugada do 3...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here