InicioCULTURARuta moteira, coloquio e concerto para celebrar o Día Internacional das Lesbianas...

Ruta moteira, coloquio e concerto para celebrar o Día Internacional das Lesbianas na Coruña

Publicada o

Por editor

Este sábado 7 de outubro celébrase o Día International das Lesbianas, e por iso a asociación sen ánimo de lucro Les Coruña organiza unha xornada con actividades durante todo o día: ruta en moto, un debate con personalidades de ámbitos como a política, as redes sociais ou o deporte, e un concerto.
Ás 11.00 horas está prevista a saída moteira na explanada do Pazo dos Deportes de Riazor. As asistentes desprazaranse ata o Pazo de Mariñán, en Bergondo, e volverán para unha comida de confraternidade.

Ás 20.30 horas no Círculo de Artesáns celebrarase un coloquio para debater cuestións sobre visibilidade ou políticas de igualdade, que contará coa presenza de Marta Herraiz, presidenta da asociación profesional LESworking, Kika Fumero, exdirectora de Instituto de Igualdade do Goberno de Canarias, Patricia Campos Domenech, comentarista de fútbol e primeira muller da Mariña en pilotar un jet, e o influencer Bruna Bravo.

Como colofón ao acto, ás 22.00 horas a cantautora Rocío Ojuelos, que compartiu escenario con India Martínez ou Pastora Soler e gañou un premio Andalucía Excelente ao Artista Revelación de 2017, ofrecerá un concerto no Círculo de Artesáns mentres degustan viños por cortesía da adega Paco e Lola.
A festa continuará a partir da media noite no Claro Boba! cos artistas Meri Krishna, Amy Rose e Dj Caribú.

A Coruña, a favor da igualdade dende 2018

A Asociación de Mulleres pola Igualdade e a Visibilidade Lésbica da Coruña, Les Coruña, é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en 2018 para promocionar diferentes encontros e actividades que fomenten a diversidade na cidade.

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here