InicioSUCESOSUnha avaría nunha porta provoca case unha hora de atraso no tren...

Unha avaría nunha porta provoca case unha hora de atraso no tren rexional Vigo-A Coruña

Publicada o

Por europapress

Novos problemas na única liña de tren decente no país. Unha avaría na porta dun tren rexional, de Vigo á Coruña, na parada de Vilagarcía de Arousa, ocasionou, na mañá deste mércores, case unha hora de atraso no seu traxecto, pero sen ocasionar atrasos noutros servizos.

Así, o tren que debería de saír de Vilagarcía ás 10:04, chegou con 20 minutos de atraso e ás 10:50 horas aínda permanecía na plataforma cos pasaxeiros no seu interior.

Con todo, segundo confirmaron fontes de Renfe, o dano non causou afeccións nos demais trens da liña.

Segundo informou a interventora aos viaxeiros, a parada debeuse a unha avaría nunha das portas que non deixou que o tren arrincase.

O atraso comezou a xerar mal estar entre os viaxeiros que algúns ían a clase, á que xa non chegarían, e outros que se dirixían a traballar.

Así as cousas, o tren saíu de Vilagarcía minutos antes das 11,00 horas, cando debería chegar á capital galega ás 10,49 horas.

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...