InicioCULTURAA Fundación Barrié expón a colección de calzado histórico de Stuart Weitzman

A Fundación Barrié expón a colección de calzado histórico de Stuart Weitzman

Publicada o

Por europapress

Fundación Barrié acolle, na súa sede da Coruña e por primeira vez fóra de Estados Unidos, a exposición ‘Walk This Way’, onde pode verse a colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman desde este sábado ata o próximo 7 de xaneiro.

A mostra inclúe cen pares de zapatos da “icónica e extensa” colección privada do deseñador que reuniu durante tres décadas xunto á súa muller Jane Gershon Weitzman. A exposición explora como os zapatos transcenderon a súa finalidade máis práctica para “converterse nunha auténtica representación da cultura”.

Así o manifestou a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias Romeu, durante a súa presentación. Ao acto, asistiu tamén a vicepresidenta de The New-York Historical Society, historiadora e directora do Center for Women’s History e coordinadora da exposición, Valerie Paley.

Carmen Arias destacou que “non é soamente unha exposición de deseño, é unha colección privada dun dos mellores deseñadores de calzado de todo o mundo”. “É única, máis que polo seu interese histórico artístico, en canto a que revela a cara máis íntima do seu propietario“, puntualizou.

Paley, durante unha visita guiada, recalcou o papel dos zapatos como obxectos de desexo e deseñados con intención artística, que “chegan a expresar complexos significados de feminidade, poder e aspiración”. “Revelan como nos comportamos cando levamos uns zapatos e o papel que xogan na historia da muller”, dixo.

A visita a ‘Walk This Way’ inclúe un catálogo ilustrado e mostra pezas históricas e curiosas que van desde as zapatillas da Raíña Vitoria de Inglaterra de 1860 ata mules ‘peep-toe’ que pertenceron a Ginger Rogers na década de 1950.

ACTIVIDADES

A exposición está organizada por The New-York Historical Society. Durante o transcurso da mesma, a Fundación Barrié organizou talleres didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias. Ademais, programou unha charla inaugural aberta ao público este venres, día 6, ás 20.00 horas, coa participación de Valerie Paley e o xestor cultural e comisario de exposicións de arte e moda, Eloy Martínez de la Pera.

ÚLTIMAS

As Vítimas do Franquismo retoman a petición de eliminar as distincións a Manuel Fraga

Hoxe foi presentado en roda de prensa o manifesto da campaña "Non queremos a...

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Mentres a cidade celebra os 25 anos do título de Liga, a mocidade estudantil...

Grazas Pepe, un dos derradeiros grandes soñadores

“Donde estea, estarei por ti, estarei contigo, porque é a forma superior de estar...

Comezan as obras dos novos accesos ao Chuac, que deberían estar rematados en 2027

As obras dos novos accesos ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) comezaron coa...