InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODatando os torques de Betanzos

Datando os torques de Betanzos

Publicada o

Por editor

Visita institucional hoxe o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, o lugar onde técnicos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) analizan os dous torques achados de maneira causal nunha leira da comarca de Betanzos. Segundo as primeiras hipóteses, poderían proceder da Idade do Ferro.

Durante a súa visita, o responsable autonómico de Cultura explicou que as pezas foron entregadas á Administración autonómica por un particular e depositadas no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón, da Coruña, o centro de referencia para os achados localizados nesta comarca, para o seu estudo e avaliación por parte dos técnicos, segundo a Xunta.

Tras isto, a Administración galega levou a cabo unha prospección arqueolóxica e xeofísica na parcela co fin de comprobar si se escondían outras pezas, pero non foron detectados nin niveis arqueolóxicos nin tampouco materiais antigos.

Román Rodríguez aproveitou a ocasión para agradecer o proceder da persoa responsable do descubrimento pola súa dilixencia que “dá unha nova oportunidade para profundar máis no noso pasado máis singular e na historia desta comarca”.

A investigación preliminar feita por Xosé-Lois Armada e Carlos Otero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, mediante análise da composición química, estudo analítico da composición do metal e observación microscópica, apunta a que os dous torques atópanse en bo estado de conservación e poderían proceder da Idade do Ferro.

Dende o Concello de Betanzos solicitou á Xunta que os torques localizados sexan depositados no Museo das Mariñas. Para a alcaldesa do municipio, María Barral, o museo, que este ano cumpriu 40 anos, conta cunha sala provista de medidas de seguridade, na que se expoñen outras pezas similares que foron localizadas na comarca, que “sería o lugar idóneo para a súa exposición”.

ÚLTIMAS

Asociacións confían en que a familia Franco pague pola expropiación do Pazo de Meirás

Entidades memorialistas esperan que o Tribunal Supremo garanta a propiedade pública do Pazo de...

Guía para non perderse nada do Entroido da Coruña e da comarca

Facemos un repaso completo aos programas de Entroido da Coruña, pero tamén aos de...

ASANOG lanza un crú pero esperanzador manifesto polo Día do Cancro Infantil

Emotiva cita a vivida este vernes no Materno. Co gallo do Día do Cancro...

Suspendida provisionalmente a folga do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

A división sindical segue poñendo en xaque aos usuarios do servizo transporte de viaxeiros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here