Chegou a marea de microplásticos que vén invadindo o litoral galego de sur a norte ás praias da Coruña. Ao longo desta fin de semana reis, as praias do Portiño ou As Lapas (o Areal), recibiron a visita dos pellets de resina, ese gravoso contaminante, de menos de 5 milímetros de diámetro, que serve de base para a realización numerosos elementos de plástico.
A marea contaminante parte da perda o pasado 8 de decembro á altura de Viana do Castelo, de varios containers da empresa Maersk, que caían cando viaxaban a bordo buque “Tucana”, de bandeira dos Países Baixos. Calcúlanse que hai 78.000 toneladas de microplásticos esparexidos por todo o litoral atlántico e cantábrico.
E mentres a Xunta pon a responsabilidade nos Concellos, segue se activar realmente un protocolo de emerxencia medioambiental, e se dedica a enganar á cidadanía con propaganda a través dos seus medios, a veciñanza comprometida e as asociacións ambientais xa se están a mobilizar, trasladando o debate ao centro do estado.
Se pola comarca do Barbanza levan semanas de limpezas continuas, esta fin de semana a Costa da Morte reviviu os tempos do Prestige, cunha marea solidaria, pero insuficiente, para loitar con este pequeno e esquivo axente contaminante. Aparellos de cociña non son suficientes para loitar contra os pellets.
Tamén nas praias da Coruña houbo mobilizacións 40 persoas achegáronse á praia das Lapas, ou O Areal como foi coñecida sempre, da man dos colectivos Comité de Defensa das Rías Altas (CDRA) e Ecoloxistas Costa Meiga Atlántica e Verde. Dende as 16:00h ata que anoteiceu axudaron con esta ardua e manual tarefa de eliminar a meirande parte de pellets que puideron, ademais de outros residuos.
Esta tarde na Praia das Lapas da Coruña levouse a cabo unha limpeza de pellets de plástico onde participaron distintas entidades ecoloxistas e voluntari@s,en xeral,dende as 16h. atè as 18,40h.que anoiteceu.
No video explícase o proceso e traballo manual que tuvo lugar.🥺 pic.twitter.com/gdd9he5irR— Ecoloxistas Costa Meiga Atlántica e Verde (@EcoloxistasCoMe) January 7, 2024
Desde el día 13 de diciembre,que la CEMMA alertó en Ribeira,(fue la 1ª)la Xunta y el estado lo sabían y hasta ayer, la Xunta no activó el Plan de Contingencia.
Por cierto,Tragsa no es una empresa pública,en Playa de Área Maior estuvieron 10m.,se hizo fotos trabajando¡y se fueron! pic.twitter.com/EyPoOn4Skw— Ecoloxistas Costa Meiga Atlántica e Verde (@EcoloxistasCoMe) January 7, 2024
No Portiño e no Orzán
Tamén, a través de diferentes grupos de whastapp a veciñanza coruñesa organizouse para realizar batidas de limpeza das praias de O Portiño e Orzán.
View this post on Instagram
O Concello da Coruña fai unha mostra
Ao longo desta mañá de luns, o Concello da Coruña levou a cabo a recollida dunha mostra dos pellets e enviouse ao laboratorio para poder coñecer a composición. Todo apesar de que xa se teñen realizado numerosas análises, que demostran que é un polietileno moi utilizado en envases alimenticios, pero que supón un claro risco para a cadea trófica.
Dende o Concello lembran que todavía non recibiron ningunha notificación por parte da Xunta de Galicia sobre a posta en marcha da Fase I do Plan de Emerxencia, tendo en conta que ao longo da mañá a Xunta confirmaba que non ía elevar o nivel de emerxencia ao non falarmos de “material tóxico”.
🔵 PELLETS
As análises confirman que as boliñas de plástico chegadas ás nosas praias non son tóxicas
A Xunta descarta elevar o nivel de emerxencia e pide que as recollidas se fagan “de maneira ordenada”
Máis info aquí 👉 https://t.co/h8iAMnK5zi pic.twitter.com/qxCTvg5MMO— G24 (@G24Noticias) January 8, 2024
Concello de Oleiros denuncia
O que nunca cala é o concello de Oleiros que lanzaba esta mensaxe á Xunta:
View this post on Instagram