InicioSOCIEDADEO novo reitor da UDC, Ricardo Cao, busca incrementar o financiamento e...

O novo reitor da UDC, Ricardo Cao, busca incrementar o financiamento e impulsar a investigación

Publicada o

Por europapress

O novo reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, fixou como retos mellorar o financiamento e impulsar a investigación, así como afrontar os novos desafíos coa colaboración e implicación de toda a comunidade universitaria.

Fíxoo nun acto celebrado no reitorado coruñés con presenza de autoridades políticas, económicas e sociais, entre elas o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen defendeu o plan de financiamento vixente, aínda que admitiu que “todo é mellorable”.

Na súa intervención, incidiu no “papel importante que xogan as universidades de Galicia”. “Hai que escoitalas, son o motor que fai avanzar os territorios”, apostilou.

Delas, dixo tamén que están “conectadas cn a sociedade” e reivindicou o seu traballo en ámbitos como a internacionalización. No caso da UDC, remarcou as oportunidades vinculadas ao ámbito das tecnoloxías, a través da Cidade do TIC. Do novo reitor, subliñou a súa vinculación desde hai “moito tempo” coa unviersidad.

“É fundamental chegar a consensos, garántese a estabilidade”, remarcou tamén o titular do Executivo galego en liña cos chamamentos feitos a este respecto polo novo reitor da UDC.

Ademais, entre outras cuestións, Cao apelou a captar e reter talento, fomentar a investigación e elaborar uns novos estatutos e abordar cuestións como a relativa aos postos de traballo na UDC. Todo iso nun discurso con demandas dunha “adecuada distribución de fondos”.

Ante o contexto das próximas eleccións autonómicas, pediu aos partidos políticos que escoiten ás universidades para elaborar as súas propostas en materia de financiamento, que aposten pola ciencia, a investigación e a innovación e que establezan mecanismos para reforzar o sistema universitario galego.

Antes, e ante as autoridades presentes, o xa exrector da UDC, Julio Abalde, agradeceu o traballo do seu equipo nestes anos nun proxecto centrado “na defensa dunha universidade pública, galega, de calidade e innovadora”.

ÚLTIMAS

Mobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

Traballadores e traballadores de Abanca concentráronse este venres, unha vez máis, diante da oficina...

O PSdeG atribúe á “estratexia” do partido a substitución de Rivas por Abalde: “Son dúas persoas extremadamente válidas”

A deputada do PSdeG Silvia Longueira atribuíu á "estratexia do partido" a substitución de...

Gonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día do seu comezo: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se...

Durante o pleno de onte, ademais de tratar a mala xestión do Noroeste, o...

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

O patinete non se poderá subir ao bus. O Noroeste tivo o seu...