InicioA CORUÑAMomentos de tensión durante a protesta no barrio de Monte Alto contra...

Momentos de tensión durante a protesta no barrio de Monte Alto contra os narcopisos

Publicada o

Por europapress

Veciños do barrio coruñés de Monte Alto secundaron este martes unha protesta contra os narcopisos, na que se viviron momentos de tensión cando algúns dos participantes trataron de acceder ao inmoble e derrubar a porta de entrada. 

Antes tivo lugar unha concentración na praza de San Xosé que continuou cunha cacerolada ata o que, segundo os convocantes, é un piso ocupado por persoas drogadictas, situado na rúa Washington. Os axentes acabaron desaloxando aos moradores, aínda que non hai detidos.

“Quero que os meus netos veñan visitarme a miña tenda e non os deixo porque temos medo”

Nese momento, vivíronse momentos de tensión cando algúns dos participantes comezaron a golpear a porta, que chegaron a romper, de acordo con algunhas testemuñas. Ao lugar, desprazáronse varios axentes que fixeron un cordon policial para protexer a zona e evitar máis incidentes.

“Conseguimos desmantelar un hai uns dous días na avenida de Hércules, quedou baleiro polas protestas”, explicou a Europa Press uno dos comerciantes da zona que asegura que desde a existencia destes narcopisos, con presenza de persoas que acoden ao barrio procedentes doutros lugares, a xente non está “tranquila”.

Ademais de roubos, denunciou ameazas e reclamou que se incremente a presenza policial e as operacións para o desmantelamento destes puntos de venda de droga, aínda que precisou que nas últimas datas comprobaron a existencia de máis axentes.

 

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...