InicioECONOMÍAProtección social e emprego, prioridades da Deputación nos orzamentos de 2023

Protección social e emprego, prioridades da Deputación nos orzamentos de 2023

Publicada o

Por europapress

Deputación da Coruña terá o próximo ano un orzamento de 207,2 millónsun 9,4 % máis que este exercicio, cunha xestión centrada na protección social, o emprego ou a loita contra o despoboamento no rural.

Así o informaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, xunto aos deputados de Economía e Facenda, Antonio Leira, e de Igualdade, María Muiño, que presentaron unhas contas que se someterán a aprobación no pleno do venres, día 25.

“Son os orzamentos máis altos da historia da Deputación e teñen como prioridades a creación de emprego e actividade económica na provincia, o reforzo dos programas sociais e a loita contra o abandono do rural”, manifestou González Formoso sobre un orzamento que será o último do mandato.

“Esta institución serve de contrapunto a outra forma de gobernar”, dixo en alusión á Xunta, cuxa política que considerou que non está “apegada á realidade”. “Priorizando baixadas de impostos aos máis ricos ou prescindindo de elementos como o ‘Cartón Básico'”, citou, entre outros exemplos.

Fronte a iso, asegurou que a Deputación aposta por “liñas que lle importan á xente”. Entre outras cuestións, apuntou á creación de 5.000 postos de traballo a través do plan de emprego local ou a creación de 2.062 empresas.

ORZAMENTOS “EXPANSIVOS”

“Son uns orzamentos ambiciosos e expansivos con incrementos en cada área da deputación provincial“, expuxo, á súa vez, María Muiño, quen destacou a “cooperación” cos concellos da provincia.

Das distintas partidas, o deputado Antonio Leira resaltou, á súa vez, que os consistorios a partir do 1 de xaneiro “poidan saber a partida que van ter por parte da deputación provincial”.

Das distintas consignadas, o Plan Único, cunha contía inicial de 47 millóns de euros, volverá ser o principal programa de investimentos. A área social (22,8 millóns); emprego (12,9 millóns) e as obras en estradas provinciais (19,4 millóns) destacan entre as principais partidas dos orzamentos.

ÚLTIMAS

O BNG reclama á Xunta que “nin acepte nin permita” a implantación dunha nova universidade privada en Galicia

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia Daniel Castro presentou unha batería de...

Feijóo recibe unha caixa con máis de 2.000 firmas na ‘romaría’ do PP provincial

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, levouse este sábado da 'romaría popular' do...

O PSdeG coruñés define obxectivos e fixa o 15 de xuño como data límite para renovar as executivas locais

A nova Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña celebrou este venres a súa...

Investigan a un home tras tentar roubar nun supermercado de Oleiros e romper un dedo a unha vixiante de seguridade

A Garda Civil do posto principal de Oleiros investiga a un home, de 65...