InicioCULTURALes Coruña desenvolve un mes de actividades no Circo de Artesáns

Les Coruña desenvolve un mes de actividades no Circo de Artesáns

Publicada o

Por editor

No marco deste mes de marzo adicado á Muller, a asociación Les Coruña e o Concello da Coruña poñen en marcha Fondos Art Coruña, un programa mensual dedicado a mulleres en distintas facetas (artistas, poetas, emprendedores…). Así, entre o 8 e o 31 de marzo, o Circo de Artesáns estará cheo de actividades.

Os actos comezarán o venres 8 de marzo a partir das 20:30 horas co exposición de arte multidisciplinar LOREM, da pintora, fotógrafa e videocreadora polaca residente en Galicia, Gosia Trebacz (que permanecerá ata finais de mes). Este mesmo día tamén tera lugar concerto do dúo Feminino Plural (Silvia Penide e Carla López).

O mércores 20 de marzo, de 20.00 a 22.30 horas, terá lugar o recital poético de Luz Campello.

O mércores 27 de marzo a programación continuará de 20:00 a 22:30 horas co Recital poético do Grupo Ouriol (formado por Bernardo Martínez, Fito Ares, Alfonso Costa e Eva Veiga), a proxección da obra de Alfonso Costa e unha nova degustación de Vinotetas.

O domingo 31 de marzo, de 12.00 a 22.00 horas, o acto para emprendedoras Own Room pechará os actos de Foundos Art Coruña. Consistirá das seguintes actividades: ás 13.00 horas actuará a Coral Cores, dirixida por Pablo Méndez Carreira e de 13.30 a 15.30 horas actuarán Poles Opposites (Manu López e Carlos Areán).
Tamén durante a mañá presentarase o poemario Sensonauta, de Patricia Fernández, e degustaranse as tapas GRECA. Pola tarde, ás 17.00 horas haberá un micrófono aberto a cargo da escritora Branca Trigo, e ás 18.00 horas a última sesión de Vinotetas.

Máis novas do 8M

“Feminismo organizado para varrer o patriarcado”: Coruña mobilízase polo 8M

ÚLTIMAS

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana de Vega

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade...

Operativas outras 3 estacións de Bicicoruña entre o Martinete e Novo Mesoiro

Despois das activadas a semana pasada en Monte Alto, Vioño e Lonzas, o Concello...

De telonear aos Sex Pistols á Mardi Gras

Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi...

O Concello da Coruña reunirase co sector hosteleiro para abordar a taxa turística

Representantes do Concello da cidade herculina e da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here