InicioDEPORTESO Basquet Coruña, máis preto do soño do ascenso á ACB tras...

O Basquet Coruña, máis preto do soño do ascenso á ACB tras varrer a todo un Estudiantes

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O que está a facer o Basquet Coruña esta campaña xa é historia. O equipo herculino sumou onte no #Fornoderiazor a súa 12ª vitoria consecutiva. Fíxoo ademais nun partido chave para a loita polo título da LEB Ouro e polo soño que leva latente o último lustro na cidade: o ascenso á ACB, a máxima categoría do baloncesto estatal.

Visitaba o pavillón coruñés, que amosaba un cheo completo, con 4235 afeccionados, todo un Estudiantes, un histórico do baloncesto estatal. A falta de 12 xornadas para o remate da liga, co Leyma líder, o Estu chegaba na 2ª praza a só 1 vitoria de distancia. Dúas series distintas se vían as caras, cun cadro coruñés que chegaba con 11 vitorias seguidas e un madrileño tras dúas derrotas.

O equipo laranxa, aupado por unha afección impresionante liderada polo @Berrallouco (o gran líder dos barras bravas do Tsunami Laranxa), saía espectacular, cun primeiro cuarto no que demostraban por que están aí: Un acerto tremendo no tiro, e unha intensidade defensiva máxima.

Igualouse o segundo e partido chegaba case igualado ao último cuarto, cun equipo moi coral, apoiado por un gran Jakovic, que acabou con 26 puntos. Non tiña o día Barrueta, e Huskic estivo moi vixiado por Larsen na pintura. Pero apareceu a segunda unidade, deixando patente a plantilla completísima que ten o cadro de Diego Epifanio. O querido Antu Diagné, Lundqvist, Aleix Font, Galán e sobre todo Beqa Burdanadze, que fixo un partidado en defensa e en ataque cun acerto tremendo dende a lña de 3, permitiron sacarlle unha vantaxe de 26 puntos nun tremendo último cuarto.

O delirio da bancada era tremendo, permitindo que o soño siga máis vivo que nunca. Quedan 11 xornadas, e o equipo, ten 2 (que son 3 polo baskeraverage) vitorias sobre o Estu, e 3 sobre Alicante Gipuzkoa e seguramente os dous equipos de Burgos. O título permitiría o ascendo directo, sen ter que pasar polo sempre complicado playoff.

Jacovis en acción

Os adestradores

Epi amosouse tremendamente contentísimo “pola vitoria e o ambientazo” vivido. Valorou a “entrada do partido”, “soubemos controlar as emocións nos momentos malos”.

O adestrador rival, protagonista no campo ao ser expulsado por unhas protestas esaxeradas, que ademais permitiron que Jakovis anotase 4 tiros libres seguidos imposibles de remontar, dáballe ao final os parabéns ao club coruñés polo seu “nivel de acerto o día que tiñan que telo”.

Ollo, que este martes hai de novo partido no #Forno de Riazor, ante o 4º clasificado. Outro paso para o ascenso.

ÚLTIMAS

Izan Voluntario convértese en @arena.limpia

A iniciativa ambiental "Izan Voluntario "levou a cabo a súa última limpeza de praias...

Novo corte ferroviario na Coruña tras un roubo de cable

Un roubo de cable obrigou a interromper a circulación nun tramo da rede ferroviaria...

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores

O Teatro Jofre de Ferrol acolleu este pasado sábado a IX edición dos Premios...

Aterraxe de emerxencia dun voo privado a Casablanca en Alvedro por un problema de osíxeno na cabina

Un voo privado con destino a Casablanca (Marrocos) aterrou de emerxencia pasadas as 13.40...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here