InicioSOCIEDADECondenan a 4 anos de cárcere a un acusado de abusar sexualmente...

Condenan a 4 anos de cárcere a un acusado de abusar sexualmente dunha compañeira de clase en San Xoán

Publicada o

Por europapress

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home a catro anos de cárcere por abusar sexualmente dunha compañeira de clase duns cursos durante a mañá do 24 de xuño de 2022 no domicilio da vítima. Nunha sentenza con data do pasado 14 de marzo e da que informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz considera probado que, ao redor das 8.30 horas do día 24 e xuño de 2022, o acusado, que se atopaba convidado no piso da vítima, aproveitou que esta se quedou durmida polo efecto da hora e o consumo previo de alcol e fármacos pautados médicamente para trasladala en brazos á cama e baixarlle o pixama e as bragas.

A sentenza sinala que, aínda que a vítima recuperara algo a conciencia, finxiu estar totalmente durmida por medo a unha reacción violenta do procesado. Que ao segundo intento penetrouna vaxinalmente, vestiuna e abandonou a vivenda. Ese mesmo día a vítima presentou unha denuncia polos feitos. O tribunal, ademais, impúxolle a pena de liberdade vixiada de cinco anos, a executar despois da privativa de liberdade, e inhabilitouno para calquera profesión ou oficio que supoña o contacto regular e directo con menores de idade durante catro anos. Ademais, deberá de indemnizar á vítima con 10.000 euros. O tribunal destaca que a declaración testifical da vítima é “fiable sen máis adxectivos: suma á súa credibilidade intrínseca a contundente corroboración tecida polo resto dos medios probatorios”, á vez que subliña que o seu relato é “neutral, coherente e persistente sempre”.

ÚLTIMAS

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

Manifestación na Coruña para reclamar o desbloqueo do convenio do comercio de alimentación

Os sindicatos CCOO, CIG, UXT e USO fixeron un chamamento ás persoas traballadoras do...

Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple entre catro vehículos en Arteixo

Unha colisión múltiple entre catro vehículos deixou dúas persoas feridas este sábado en Arteixo,...