InicioECONOMÍAQueiman facturas de Endesa para mostrar rexeitamento ao novo convenio

Queiman facturas de Endesa para mostrar rexeitamento ao novo convenio

Publicada o

Por europapress

Algo máis dun centenar de traballadores da empresa Endesa, tanto de persoal activo como pasivo, concentráronse no mediodía deste xoves, 24 de novembro, ante o Concello das Pontes de García Rodríguez para mostrar o seu rexeitamento á aplicación do V Convenio colectivo da compañía no tocante a beneficios sociais, como a tarifa eléctrica, onde, ademais, realizaron unha queima simbólica das súas facturas.

Dita mobilización estivo convocada polos sindicatos CIG, CC.OO. e Sindicato Independente de Enerxía (SIE) e a Asociación de Prexubilados de Endesa nas Pontes (APREN).

Segundo asegurou o responsable de Enerxía de CIG, Fernando Branco Parga, esta concentración “responde a unha agresión do novo convenio colectivo asinado en exclusiva por UGT, sen consultar aos traballadores pola súa opinión” e no cal, denunciou os traballadores de Endesa “perden os beneficios sociais”.

DEREITOS

Así, detallou que este marco regulador significou “a perda do 100 % das axudas para estudos e outros foron claramente minorizados como a tarifa eléctrica”, o que lle levou a trasladar que este convenio “significa unha importante perda de poder adquisitivo para os traballadores e pasivos, ademais dunha perda económica para a vila das Pontes e os concellos da contorna”.

Branco Parga manifestou que “a propia empresa recoñeceu que gañara 515 millóns de euros dos dereitos dos traballadores e que se levou para Italia, para Enel”. Por iso, engadiu, os traballadores van continuar ” dando a batalla, tanto no campo xurídico, con algunhas sentenzas favorables, como no campo social, con máis mobilizacións”.

ÚLTIMAS

A edición máis ambiciosa do Mareira Fest celebrarase o 26 de abril na Sala Pantalán

O Mareira Fest prepárase para a súa nova edición, que terá lugar o vindeiro...

Un informe recolle a precariedade que sofren as mulleres venezolanas migrantes

A maioría da poboación migrante feminina procedente de Venezuela nos últimos cinco anos pasa...

Cambre celebra o luns un pleno para presentar unha alternativa de goberno tras a dimisión da alcaldesa

O Concello de Cambre acollerá o luns, día 21, o pleno para que por...

O Xardín de San Carlos recibe os novos olmos resistentes á grafiosis

O Concello da Coruña recibiu este martes os olmos resistentes á grafiosis que se...