InicioCULTURAO vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada de portas abertas nos Museos Científicos na xornada do sábado 4 de maio.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, abrirá en horario de 10.00 a 19.00 horas. O último acceso é ás 18 horas no Aquarium e ás 18.30 horas para a Casa das Ciencias e a Domus. Tamén se suma á xornada o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, cunha visita guiada ao Museo.

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón

A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa. As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa.

As sesións previstas son:

  • 11.00 horas – «Á procura da estrela Rosalía». Sesión en directo (galego, dirixido a maiores de 10 anos)
  • 12.00 horas – «Polaris» (galego, dirixido a maiores de 7 anos)
  • 13.00 horas – «Viajando por el sistema solar». Sesión en directo (castelán, dirixido a maiores de 10 anos)
  • 16.00 horas – «A voltas coa estrela Polar». Sesión en directo (galego, dirixido a maiores de 10 anos)
  • 17.00 horas – «Hazelnuts» (castelán, de 4 a 7 anos)
  • 18.00 horas – «Imaginando constelaciones». Sesión en directo (castelán, dirixido a maiores de 10 anos)

Máis novas

54 centros de ensino participarán no Día da Ciencia na Rúa

ÚLTIMAS

Dous voos con destino a Coruña desviados pola néboa

Un voo con destino A Coruña procedente de Madrid tivo que ser desviado a...

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here