InicioARTEIXODenuncian os recortes na atención primaria en Arteixo

Denuncian os recortes na atención primaria en Arteixo

Publicada o

Por editor

O grupo municipal socialista de Arteixo presentará unha moción no pleno de xuño para que o goberno municipal inste a Xunta a reformular as súas políticas en materia sanitaria, especialmente no ámbito da atención primaria, que está a provocar unha situación lamentable na atención primaria en Arteixo.

O portavoz socialista, Martín seco, argumenta que a situación da atención primaria en Galicia está a mostrarse como unha fonte de preocupación da ciudadanía, “e tamén en Arteixo” e denuncia a necesidade urxente de recuperar un segundo médico fixo do PAC de Urxencias de Arteixo cunha nova ambulancia e a ampliación do Centro de Saúde de Arteixo que está “totalmente saturado”.

Seco tamén demanda máis profesionais e especialistas para os Centros de Saúde de Arteixo, Vilarodís e o ambulatorio de Meicende, para evitar as listas de agarda e manter atendido o servizo de pediatría.

“A nivel asistencial a atención primaria sufre as peores consecuencias durante o período estival porque non se está a substituír aos facultativos, e os médicos vense obrigados a dobrar quendas para cubrir aos compañeiros ou cerrar consultas, como ocorre nos centros de saúde
de Arteixo” afirma o concelleiro socialista, quen engade que cando os especialistas están de vacacións ou están de baixa por incapacidade temporal, non se cubre a súa praza “obrigando aos usuarios a desprazarse aos concellos limítrofes ou esperar a súa volta”.

ÚLTIMAS

O goberno socialista recoñece a prevalencia dos festivais privados sobre o Noroeste: “Quen queira ver grupos de nivel, que pase por taquilla”

Teno claro o Concello da Coruña. Importan moitos máis os festivais privados de pago...

Investigan a morte dunha muller tras caer dunha plataforma na estación de tren da Coruña

Familiares dunha muller de 82 anos denuncian o falecemento da súa achegada tras caer...

Os Franco habilitan as visitas á Casa Cornide na Coruña tras ser multados por incumprir con esta obrigación

A familia Franco habilitou as visitas á Casa Cornide na Coruña tras ser multados...

O BNG defende os cambios inseridos no proxecto de urbanización das Xubias

Co BNG, pero sen a veciñanza. Así semella que o goberno municipal vai sacar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here