InicioECONOMÍAGrandes retencións na Pasaxe tras unha nova protesta das mariscadoras do Burgo

Grandes retencións na Pasaxe tras unha nova protesta das mariscadoras do Burgo

Publicada o

Por europapress

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a conclusión das obras de dragado e á espera de que crezan as crías. Emprazan, ademais, a Xunta e Goberno a unha reunión.

Fixérono nunha nova protesta na Pasaxe que causou “bastantes retencións” na zona de Santa Cristina, Oleiros, segundo informou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DGT). “Seguimos esperando que as administracións — central e autonómica — tomen as medidas necesarias para pór fin a esta problemática”, expuxo o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, a Europa Press.

Téñennos tirados na rúa tendo que pagar os recibos da Seguridade Social para telos en vigor e poder acollernos nun futuro ás subvencións estatais e autonómicas e non se dá unha solución”, denunciou, sobre unha situación que afecta a 74 traballadores.

Baldomir anunciou, ademais, que convocaron unha nova reunión o vindeiro venres, día 12. “Esperemos que acudan as dúas administracións e, sobre todo, que veña xente con capacidade de decisión, que non manden marionetas para coller recados e quede todo no aire”, apostilou.

ÚLTIMAS

A Coruña levará a pleno o orzamento de 2025 tras rexeitar as alegacións da oposición por non adaptarse aos requisitos

O goberno local da Coruña levará a pleno nos próximos días o orzamento para 2025, que...

Piden crear un novo e consensuado documento que sirva de Bases para o plan Coruña Marítima

Unha vez rematados os , con baixa participación, os talleres temáticos sobre o Plan...

A mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

Histórica manifestación este sábado 5 de abril a celebrada na Coruña no marco do...

Rescatan a unha persoa insconsciente tras un incendio na súa vivenda no barrio da Sacra Familia

Unha persoa foi rescatada durante a noite deste domingo tras declararse un incendio na súa...