InicioDEPORTESO dono de Abanca, novo presidente do Dépor, e a súa sobriña...

O dono de Abanca, novo presidente do Dépor, e a súa sobriña e a impulsora da fusión das caixas, conselleiras

Publicada o

Por editor

O consello de administración do RC Deportivo proporá a Juan Carlos Escotet Rodríguez como presidente do Club e incorporará á que foi conselleira de Facenda do Goberno galego,  Marta Fernández Currás, como nova conselleira

Ademais da que foi responsable de Facenda do primeiro goberno de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta —cando promoveu a fusión das caixas galegas–, pasarán a ser conselleiros Massimo Benassi e Benito Couceiro. Todo iso unha vez finalice a execución da ampliación de capital en curso que foi aprobada na xunta extraordinaria do pasado 26 de xuño.

Diso informou este martes nun comunicado o RC Deportivo, no que detalla que o acordo do consello de administración para cubrir as vacantes de Álvaro García Diéguez e Alex Bergantiños polo procedemento de cooptación levará a cabo a finais de agosto. Posteriormente, o órgano reitor do club elevará á xunta xeral de accionistas, que se celebrará en decembro, a proposta de ratificación dos conselleiros designados.

Deste xeito, tras os trámites oportunos, o consello de administración do RC Deportivo estará composto por Juan Carlos Escotet Rodríguez, que será o presidente do club; Michelle Clemente Escotet, que ocupará a vicepresidencia; Massimo Benassi, que entrará como conselleiro delegado; e os conselleiros Marta Fernández Currás, Benito Couceiro, Carlos Ballesta e Vicente Fernández.

“PROFESIONAIS DO DEPORTE” E “EXPERTOS EN LIDERADO”

O RC Deportivo destacou que o consello de administración presidido por Juan Carlos Escotet Rodríguez conxuga profesionais do mundo do deportivismo e do deporte, como a vicepresidenta e ex futbolista do club Michelle Clemente; o ex futbolista e técnico do Dépor Carlos Ballesta, e o adestrador e preparador físico Vicente Fernández, con expertos en postos de liderado e alta xestión, como Massimo Benassi, Marta Fernández Currás e Benito Couceiro.

“A vicepresidencia de Michelle Clemente é unha clara mostra da aposta do RC Deportivo polo fútbol feminino. A entrada de Benito Couceiro e Marta Fernández Currás significa a incorporación de dous profesionais que reforzarán a xestión financeira e as relacións institucionais do club”, indicou.

Así, o RC Deportivo destacou que o nomeamento de Benassi como conselleiro delegado reforzará a súa posición como principal executivo da entidade, en tanto que a continuidade do conselleiro Carlos Ballesta supón a permanencia dun histórico representante do deportivismo.

CONSELLEIRA DE FACENDA NA FUSIÓN DAS CAIXAS

Pola súa banda, Marta Fernández Currás é licenciada en empresariais e inspectora de Facenda entre 2009 e 2011. Como conselleira de Facenda da Xunta promoveu a fusión das caixas galegas –Caixa Galicia e Caixanova– xunto co entón presidente Alberto Núñez Feijóo.

ÚLTIMAS

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora...

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos...

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o...

A Escola da Bici comeza o novo curso

O auxe da presenza do carril bici na cidade (no 2019 había 23 quilómetros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here