Nova noite de incendios de colectores na cidade, no marco da estrana folga do Sindicato de Traballadores da Limpeza da empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo, Prezero. Esta noite, os Bombeiros da Coruña tiveron 3 intervencións, tendo que sufocar a 3 incendios de colectores. Un na Rúa Petunias, no Barrio das Flores, outro na rúa Napoleón Bonaparte, nos Mallos, e un terceiro en Ramón del Cueto, en Monte Alto.
Nos Mallos o incendio afectou a unha nai e unha filla que tiveron que ser atendidas polas emerxencias sanitarias por inhalación de fume. Así mesmo, o incendio de Monte Alto deixou a tres persoas atendidas por inhalación de fume, e ademais afectou á sede do centenario grupo Cántigas da Terra, cuia porta de cristal estoupaba coa calor.
Dende o pasado 24 de xuño, no San Xoán, son 153 contedores calcinados, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños, como vehículos particulares e incluso un inmoble.
Outra noite de queima de colectores (rúa Napoleón Bonaparte, Ramón del Cueto, rúa Faro) #Coruña, con 2 persoas intoxicadas e atendidas polo 061.
Afectados tamén varios vehículos e fachadas.
+Info: https://t.co/gYfjWM2FOi pic.twitter.com/yt7W0jv0rO— BombeirosCoruña (@bombeiroscoruna) August 2, 2024
Mentres, a empresa Valoriza, contratada dende a semana pasada para reformar o servizo ante a estrana folga dos traballadores de Prezero e no marco da declaración da Emerxencia Sanitaria, recolleu 67 toneladas de lixo na súa 7ª xornada de traballo, sendo un total de 396 toneladas de lixo, as recollidas por esta empresa ata a pasada noite.
Folga?
Folga “atípica” refírense os grupos políticos, unha vez que estando no cuarto día de folga indefinida, a concesionaria asegura que ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas tres primeiras xornadas. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller.
Ademais, Prezero segue centrando a actividade no centro da cidade, esquecendo os barrios. Así foi, na pasada madrugada do mércores ao xoves, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.
Monte Alto: 35%
Cidade Vella: 45%
Pescaría – Centro: 100%
Os Rosales – Labañou: 15%
Estadio: 100%
Ventorrillo – Agra do Orzán: 45%
Sagrada Familia: 35%
A Sardiñeira – Elviña: 10%
Os Mallos: 30%
O Castrillón: 35%
Os Castros: 35%
Matogrande – Eirís: 0%
Mesoiro – Feáns – Valaire: 0%
Máis novas
A concesionaria da recollida de lixo na Coruña executa tres despedimentos disciplinarios