InicioA CORUÑAO Concello da Coruña amplía e mellora o sanatorio de focas do...

O Concello da Coruña amplía e mellora o sanatorio de focas do Acuario

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña culminou o plan de ampliación e mellora do sanatorio de focas do Acuario,, que conta cunha nova piscina médica de illamento ideada par o seguimento da saúde das mesmas.

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá o sanatorio de focas, onde xa terminaron as obras de renovación e mellora promovidas polo Concello co obxectivo de dispor dunha zona de coidados “máis preparada, versátil e segura á hora de atender as especies”.

Cun investimento de 110.000 euros, o plan de melloras no sanatorio incluíu, por exemplo, a creación dunha nova piscina médica de illamento, recinto que contará cunha subministración continua de auga salgada.

Ademais, habilitáronse dous espazos diferenciados, en húmido e seco, para tratar as focas segundo as súas necesidades de acordo co prescrito para algúns tratamentos, como pode ser a protección da luz exterior. Por outra banda, instaláronse portas corredeiras para pechar a área técnica de manexo dos animais e, desta forma, poder illar en seco as especies atendidas.

ÚLTIMAS

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

Comisan máis de 112 quilos de percebe furtivo na Coruña

Segundo informou a Consellería de Presidencia, os operativos foron realizados por axentes do Equipo...

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

A patronal do comercio alimentario pide volver ao diálogo

A Asociación de Supermercados, Autoservizos, Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) fixo...