InicioSen categorizarA Coruña acolle o arranque do I Congreso Internacional de Maiores LGTBI+

A Coruña acolle o arranque do I Congreso Internacional de Maiores LGTBI+

Publicada o

Por editor

Este pasado sábado, tivo lugar na Coruña a inauguración do I Congreso Internacional de maiores LGTBI+, un encontro destinado a reunir a investigadores, académicos, profesionais da intervención, artistas, activistas e membros da comunidade para debater e intercambiar experiencias sobre o benestar e a calidade de vida das persoas maiores LGTBI+.

Este I Congreso, , organizado pola Fundación 26 de Decembro coa colaboración dos Ministerios de Dereitos Sociais e Igualdade, ten outras dúas sedes, Sitges e Madrid, que acollerán tres xornadas máis nas próximas semanas.

Nesta primeira xornada do Congreso presentouse unha instalación do artista Sergio Marey e a conferencia plenaria a cargo da escritora e activista Daniela Fernández centrouse nas disidencias de xénero na Galicia contemporánea.
Ademais houbo unha exposición de testemuños e experiencias de maiores LGTBI+ e unha mesa redonda sobre o proxecto “Academia de Geras”, co que a Fundación 26 de Decembro busca formar a persoas maiores de 50 anos LGTBIQ+ para mellorar o seu coñecemento sobre o proceso de envellecemento.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou como ex concelleira de Servizos Sociais, e subliñou que coa celebración deste primeiro encontro internacional, a cidade “asume a súa dobre posición de referencia tanto sobre a defensa dos dereitos das persoas LGTBI+ no noroeste da Península como nas políticas municipais para mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.

ÚLTIMAS

A Coruña acolle a máis de 1.200 estudantes no encontro estatal Intercaminos 2026

Máis de 1.200 estudantes do grao de Enxeñaría Civil e do Máster en Enxeñaría...

“Non se pode enterrar o Lecer”

Esta mañá, os docentes e usuarios do Programa de Lecer do Fórum Metropolitano e...

A incidencia da folga sanitaria supera o 82% en hospitais

Continúa avanzando a folga dos sanitarios en toda España. Unha folga de médicos e...

Delegados de CIG pecháronse para esixir negociar o convenio do transporte de autobús na provincia coruñesa

Delegados da CIG no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, así...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here