InicioCULTURACoruña lembra a historia de Trinidad Falcés, primeira muller trans

Coruña lembra a historia de Trinidad Falcés, primeira muller trans

Publicada o

Por editor

“Relembrando a Trini” é unha mostra que recolle a historia de Trinidad Falcés, muller trans, nada na Coruña e grande activista polos dereitos do colectivo.

Unha iniciativa da área de igualdade da Deputación, que se inaugurara o 10 de xaneiro ás 19h na biblioteca municipal Durán Loriga, onde se poderá visitar ata o día 20.

Así o debullaron na presentación a deputada Soledad Agra, acompañada do comisario da mostra, Sergio Marey e o representante da asociación Palestra, Fito Ferreiro.

O día da inauguración tamén se presentará o libro sobre a figura de Trinidad Falcés “É mellor loitar que morrer de fame”, escrito por Sergio Marey e, ademais, haberá dúas charlas: “Situación trans onte, hoxe e mañá”, da activista trans Laura Bugallo; e “Cuiruña e a importancia da literatura cuir”, de Diego Maseda, coordinador do club de lectura cuir da Rede de Bibliotecas da Coruña.

A exposición lembra a historia de Trinidad Falcés, que foi presa nun campo de concentración pola súa realidade como persoa cuir, e estivo presente na primeira marcha LGBT do estado español, que se celebrou en 1977 en Barcelona, cidade na que residiu durante 30 anos. En 2019 recibiu o premio Marcela e Elisa que concede a asociación ALAS, e faleceu na Coruña en agosto de 2022.

Ademais da exposición, presentarase o libro “É mellor loitar que morrer de fame”, de Sergio Marey, e tamén se impartirán charlas tanto durante o día da inauguración como posteriormente, en 2 concellos da provincia

Fito Ferreiro, da asociación Palestra e compañeiro de Trini, expresou que “Trini era unha sobrevivente, que sobrevivía constantemente e tiña a capacidade de buscar solucións a grandes problemas”. Tamén se referiu á situación de precariedade na que viven “máis do 70% das persoas maiores LGBTI” e á necesidade de “lembrar e recordar a esas persoas que loitaron, pois son moitos os referentes que temos en Galiza. Temos que lembrar a Trini”.

 

ÚLTIMAS

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

Un home agride na Coruña a dúas técnicas de emerxencias e a un vixiante do Chuac

Un home agrediu na Coruña a dúas técnicas do servizo de emerxencias 061 e...

Morre un detido nunha operación antidroga nos calabozos da Garda Civil en Lonzas

Unha persoa detida e que se atopaba nos calabozos da Comandancia da Garda Civil...

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here