InicioSOCIEDADECondenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor...

Condenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor de 14 anos na Coruña

Publicada o

Por europapress

Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión a un home por agresión sexual a un menor de 14 anos. Faino despois de que aceptase no xuízo os feitos e a correspondente pena. Segundo recolle o fallo, o procesado e o menor contactaron e acordaron atoparse na cidade herculina. O mozo asegurou querer manter relacións sexuais e cobrar por elas.

O menor acudiu ao domicilio do agora condenado pero, nese momento, decidiu non seguir adiante e rexeitou a posibilidade de ter relacións sexuais. Díxolle que lle mentiu e que tiña 14 anos, tratando de marcharse o que, recolle o fallo, o procesado impediulle producíndose a agresión sexual, estando o menor “bloqueado nese momento” e sen saber “reaccionar nin defenderse”. Despois, deulle dez euros e díxolle que se marchase. O mozo contou o sucedido aos seus pais formalizando logo denuncia. Desde entón, presenta tensión postraumática.

ÚLTIMAS

En marcha as obras do Parque cuberto do Ventorrillo e de renovación do Parque da Palloza

Ultima esta semana os preparativos o concello da Coruña para a obra de dous...

Achan o corpo dun home na zona da Dársena da Mariña

Os bombeiros da Coruña rescataron este luns o corpo dun home que apareceu flotando...

A Tobeira acolle esta tarde a presentación do libro escrito por Manolo Teniente na Flotilla da Liberdade 

A Global Sumud Galiza pon en marcha a xira de presentación do libro ”Diario...

A Coruña acolle a VII Semana do Cinema Galego con oito proxeccións gratuítas

A cidade da Coruña dará comezo este martes, 7 de abril, á VII Semana...