InicioCULLEREDOO Concello de Culleredo recoñece a necesidade de arranxar o Conservatorio do...

O Concello de Culleredo recoñece a necesidade de arranxar o Conservatorio do Burgo “canto antes”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Lanzaba esta mañá a ANPA O Burgo un SOS polo estado lamentable do edificio que alberga o Conservatorio Municipal de Culleredo, en O Burgo. As humidades invaden cada parede, sobre todo despois dun mes sen calefacción…

Rapidamente o Concello lanzaba un comunicado recoñecendo que “coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio na necesidade de realizar actuacións de mellora nas instalacións do centro”. “Os técnicos municipais son conscientes da situación e traballan na adopción de solucións coa intención de que se poñan en marcha canto antes”, aseguran.

Sobre a calefacción, o Concello informa de que houbo que pedir unha bomba, e que curiosamente, xusto chegou hoxe mesmo para poder instalarse inmediatamente.

En canto ás filtracións, o centro padece un problema que se agravou nos últimos días e que “cómpre abordar cunha actuación integral. En canto mellore o tempo, os técnicos poderán subir ao tellado para valorar a situación actual tras os temporais dos últimos días”, aseguran.

A través da asistencia técnica estase a realizar un estudo sobre as necesidades desta intervención integral, que recollerá o goberno local nos orzamentos deste ano, que requirirá o apoio da oposición no pleno. Mentres, o Concello selou as fiestras para reducir as filtracións.

O concello tamén está a realizar labores de desratización no centro, situado nunha zona verde a carón do río, polo que é necesario ampliar as medidas.

A xestión, para a Xunta

”O Concello de Culleredo é o primeiro interesado en que o Conservatorio teña as mellores condicións, dado que é unha iniciativa propia, creada para facilitar o acceso dos veciños á educación musical”, aseguran.

Pero o grupo de goberno socialista coincide co BNG, e tamén insta á Xunta a facerse cargo do Conservatorio Cullerdense xa que é a súa competencia.

Porque lembra que a día de hoxe o centro funciona case ao 100% con fondos municipais. Só se dispón dunha pequena cantidade de axudas da Deputación, mentres que “a Xunta de Galicia, a pesar de ser a administración competente na materia, nin asume a responsabilidade nin colabora de ningún xeito no seu financiamento”. E dende este ano, o Conservatorio é gratuíto para os veciños, xa que o goberno municipal eliminou o custo do ensino público.

Máis novas

As familias do Conservatorio do Burgo denuncian as humidades do centro e o BNG pide que a Xunta asuma a xestión

ÚLTIMAS

A gran trampa da nova licitación das escoliñas municipais. “Imos recurrir”

Vive a Rede de Escolas Infantís Municipais un comezo de curso convulso. Ata o...

Avanzan os traballos do polígono residencial de San Pedro de Visma cos apertura dunha nova vía

Visita municipal a acontecida esta mañá para supervisar as obras de urbanización e as...

O reitor da UDC urxe financiamento á Xunta e alerta sobre o problema da vivenda para estudantes

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, volveu reclamar á Xunta máis...

A veciñanza de Celas e Sueiro volve reclamar a petición histórica dunha beirarrúa ante as falsas promesas

Volveu a veciñanza de Culleredo saír á rúa por unha demanda histórica. Levan décadas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here