InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a...

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois de meses esperando que o Concello cumprise as súas preguntas, as traballadoras da rede de Escolas Infantís Municipais retomaban o pasado 4 de febreiro as mobilizacións. Unhas concentracións que comezaban xa a finais de 2023 e que mantiveron un ano na rúa a estas máis de 100 traballadoras.

Falamos das Escoliñas de 0-3 anos, (Cativos, Luís Seoane, Roseiras, Caracola, Agra do Orzán, Arela, Montealto e Carrianta), que malia formar parte da rede municipal, funcionan cunha xestión privatizada, e cuias condicións laborais están moi lonxe de ser dunha rede pública: os seus salarios apenas chegan ao SMI pola escaseza dos convenios, e as súas xornadas de traballo son das máis altas de todos os convenios da ensinanza.

Todo nun ano no que teñen que saír os novos pregos para a licitación das escolas.

Onte desenvolveron unha nova concentración no Obelisco, esixindo unhas condicións laborais e salariais dignas e na defensa dunha mellora na atención ás crianzas. As traballadoras xa se puxeron de Entroido e realizaron “unha parodia do desafortunado encontro que tiveron a pasada semana co concelleiro de Educación, no que Juan Borrego mesmo lles negou que en abril do pasado ano dera o compromiso de trasladar unha resposta xustificada ás reivindicacións do colectivo”, rexeitando en todo momento a posibilidade de sentar a negociar a aplicación de melloras no servizo.

As palabras do edil provocaron unha profunda indignación entre as traballadoras, xa que incluso chegou a asegurar que non recibira ningunha solicitude de xuntanza “cando fixemos tres peticións por escrito e o único que obtivemos foi a calada por resposta”, explica o responsábel da CIG-Ensino da Coruña, Henrique García.

Aseguran que van solicitar unha reunión coa alcaldesa para tentar desbloquear a negociación, despois de ter xa realizado encontros o BNG e o PP, que levarán mocións ao pleno.

As traballadoras piden ademais que as escolas infantís municipais recoñeza a parella educativa (como si existe nas Galiñas Azuis), asegure a atención adecuada ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEAE), e reduza os ratios, como si se vai facer na etapa infantil 3-6.

Novas relacionadas

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais esíxenlle a Borrego mellores condicións

As traballadoras da rede de escolas infantís municipais esixen ao Concello que cumpla as súas promesas

 

ÚLTIMAS

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

Nova mañá de mobilizacións a deste xoves 20 de febreiro no CHUAC. Un cento...

Marta Bobadilla (ACLAD): “Os centros de drogodepencias deberían estar integrados no SERGAS de forma real”

”A drogodependencia, como calquera outra enfermidade, non atende a estratos sociais”. ”Cocaína e...

‘A Paca’, choqueira do Antroido da Coruña do 2025

O ano pasado a protagonista foi Susa da Cabeza, e este ano a Choqueira...

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

Hoxe, xoves 20 de febreiro, arrinca no Teatro Colón o festival Norte Cinema Diverso....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here