InicioA CORUÑADenuncian podas de árbores en varios puntos da Coruña

Denuncian podas de árbores en varios puntos da Coruña

Publicada o

Por editor

Veiños de varios barrios da Coruña denunciaron a poda de árbores, algúns deles centenarias, que o Concello está realizando en varios puntos da cidade. Critican que se trata dun “arboricidio” que está rematando co pouco “pulmón verde” que ten a cidade”.

Esta poda de árbores tiveron lugar na Praza do 8 de Marzo, a Praza de Ourense ou a Rúa Puentes, entre outras zonas. Trátase, nalgúns casos, de exemplares de grandes dimensións. Fontes do Concello consultadas por Xornal da Coruña aseguran que non se trata de ningunha talla “indiscriminada”, senón dunha poda puntual para “sanerar” determinadas zonas verdes da cidade.

Aseguran que, tras analizar algunhas árbores, “presentaban deterioro e estaban en mal estado“, o que podería causar algún accidente por caída de gallas ou da propia árbore. En todo caso, destacan que, están programadas xa reposicións de exemplares nos lugares onde foron cortados.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here