InicioMOV. SOCIAISA falta de dereitos das mulleres migrantes, no foco do 8M

A falta de dereitos das mulleres migrantes, no foco do 8M

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Intesantísima a charla que acollía este venres 8 de marzo o Circo de Artesáns co gallo do ‘Retos e resistencias das mulleres migrantes’, coordinado pola entidade Yarama África no marco do programa da Deputación da Coruña polo 8M.

Publico na xornada migrante 8m Coruna

Unha cita formulada para poñer de manifesto as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos.

O presidente da Deputación, Valentín G. Formoso e a deputada de igualdade, Sol Agra, inauguraron a xornada, deixando claro o compromiso da entidade os 365 do ano na loita pola igualdade da man das entidades sociais. Foi contundete Agra facendo referencia á “triple discriminación” que sofren as mulleres migrantes, “por xénero, procedencia e situación socioeconómica”.

A primeira ponencia foi de Edith Espínola, activista antirracista e defensora dos dereitos para as traballadoras do fogar e coidados, portavoz de SEOAC e do movemento REGULARIZACIONYA. Centrou a ponencia nas “violencias invisibles”, como as administrativas, poñendo exemplos como a escasa cobertura que ofrece a Lei de Estranxería, e poñendo o foco na falta de dereitos en empregos copados pola inmigración latina, como os coidados, nos que non existe competencia de persoas españolas.

Quindy Akejo na Coruna polo 8M

Falou tamén Quinndy Akeju, cofundadora de Afrolectiva e membro da Comunidade Negra Africana e Afrodescendente de Euskadi. Ela falou sobre a Interseccionalidade como marco analítico, explicando como as mulleres migrantes acaban sufrindo unha roda de discriminación por raza, idioma, relixión, canon de beleza…

Soledad Lucero, Jeane Costa e Gabriela Frías, conversaron sobre a realidade galega e a inxustiza na homologación de estudos que sofren as profesionais que viven no noso e a discriminación implícita que iso implica.

A cita rematou co monólogo antiracista e afrofeminista da simpatiquísima Asaari Bibang, que tirou de “humor negra” para pechar a sesión cun sorriso.

Asaari Bibang na Coruna

ÚLTIMAS

O Concello afrontará unha nova ordenanza sobre os VTC

O pleno celebrado nesta mañá de xoves 15 de xaneiro, ratificou a idea de...

A folga dos sanitarios afronta a segunda xornada un 70% de seguemento segundo O`Mega

Ademais do colapso que vive o CHUAC, a folga convocada polo sindicato O'Mega chega...

Investigan ao condutor dunha furgoneta por circular a 185 km/h na AP-9 á altura de Abegondo

A Garda Civil de Tráfico denunciou a un condutor que foi detectado circulando nunha...

Monte Alto mantén viva a chama do Santo Amaro

Amaro foi o sabio que acadou, a través do océano misterioso, á Illa do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here