InicioBARRIOSGran interese no primeiro encontro participativo para deseñar a nova rede de...

Gran interese no primeiro encontro participativo para deseñar a nova rede de bus urbano en Mesoiro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrincou, con boa resposta da cidadanía, a primeira semana de Encontros Participativos arredor de dous proxectos claves para o futuro da cidade: Coruña Marítima e a nova rede de Transporte Urbano.

O Centro Cívico de Mesoiro acolleu a pasada tarde de martes 26 de marzo o primeiro dos 11 encontros de barrio para definir do novo modelo de autobús urbano. En total, preto dun cento de persoas (o 88% acodían a título persoal) participaron activamente nunha sesión que combinou a presentación do equipo técnico do estudo do transporte urbano cunha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.

Mesoiro, o marco

O equipo municipal expuña primeiro os datos do distrito 9, onde se empraza o barrio de Mesoiro, que conta con aproximadamente 12.500 habitantes e se artella en cinco liñas de autobús urbano (21, 23, 23A, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 80 paradas. Os principais fluxos de mobilidade diaria prodúcense co distrito 7 (21.460 viaxes/día), co distrito 8 (10.287) e dentro do propio distrito 9 (9.626 viaxes internas). O barrio conta cuns datos moi bos en materia de transporte público urbano, con case un 40% de persoas usuarias diarias e outro 37% que o emprega ocasionalmente.

As principais queixas e suxerencias

En canto aos aspectos a mellorar, as persoas asistentes manifestaron nun 64% estar pouco ou nada satisfeitas co servizo actual, fronte a un 35% que declararon estar entre “algo” e “bastante” satisfeitas. A enquisa tamén permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados —e tamén os máis criticados— polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Nunha escala do 0 ao 10, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 6,7 puntos, seguidos da accesibilidade (4,5) e das liñas e paradas (3,3).
Pola contra, os aspectos que recibiron unha valoración máis baixa foron a intermodalidade (2,5), a frecuencia dos servizos (2,8) e o estado das marquesiñas (3,2), evidenciando puntos febles relevantes que urxen ser abordados no novo modelo de transporte.

Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora:

  • A frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 91% das persoas participantes,
  • a intermodalidade con outros medios de transporte (56%).
  • A adaptación de liñas aos barrios e novos puntos de interese (49%).
  • Outros aspectos sinalados foron a accesibilidade (29%), a innovación dixital (21%), a sustentabilidade (16%), a concienciación e impulso ao uso do transporte público (13%) e, en menor medida, os prezos (12%), o que confirma que, malia ser un servizo con marxe de mellora, o custo non se percibe como un dos principais problemas actuais.

Máis encontros

Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.

As seguintes citas serán:

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

11 Encontros de Barrio para analizar coa veciñanza as necesidades do transporte urbano

A Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres formativos abertos

 

ÚLTIMAS

Operativo de procura no peirao de Oza por un posible home ao mar

Bombeiros da Coruña, en colaboración coa Policía do Porto da Coruña, participaron nun operativo...

O Salón do Cómic da Coruña reúne este sábado presentacións sobre banda deseñada

O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico continúa este sábado, día...

As traballadoras do SAF saíron á rúa na Coruña e Arteixo para esixir protocolos de seguridade

Pasaron xa 16 días dende o asasinato de Teresa, unha traballadora do Servizo de...

O Concello de Olerios denuncia graves incumprimentos do servizo de recollida do lixo do Consorcio das Mariñas

Graves acusacións as que lanza o alcalde de Oleiros ao presidente do Consorcio das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here