InicioCAMBREO PSOE de Cambre sinala que a alcaldesa non asumiu "erros" e...

O PSOE de Cambre sinala que a alcaldesa non asumiu “erros” e actuou de forma “partidista”

Publicada o

Por europapress

O portavoz do grupo municipal do PSOE en Cambre, Diego Alcantarilla, acusou á alcaldesa, María Pan, de Unión por Cambre — que anunciou esta semana a súa dimisión — de non asumir “erros”. Fíxoo sen concretar se se postularán para o goberno municipal.

“Agora mesmo non estamos nese punto”, asegurou nunha comparecencia ante os medios de comunicación con críticas a Unión por Cambre e a actual alcaldesa, pero tamén ao seu antecesor, Óscar García Patiño, que dimitiu hai un ano para, sostivo, como a actual rexedora, favorecer a gobernabilidade ao non saír adiante asuntos pendentes na xestión municipal por non contar co apoio necesario da corporación.

“Non sabemos que pretende con esta actitude nin coa súa dimisión, pero esta claro que non pensa no benestar dos veciños e veciñas de Cambre, senón en intereses partidistas”, sentenciou o dirixente socialista sobre a rexedora.

Tamén asegurou que a dimisión non se efectuará formalmente ata dentro duns días e cuestionou que “pola medio” María Pan convocase un pleno extraordinario para aprobar uns orzamentos “elaborados por ela cando non ten intención de seguir”. “E meter de malas formas unha relación de postos de traballo elaborados en 2022”, apostilou.

Neste contexto, e sobre se se postularán para o goberno municipal manifestou que agora a intención dos socialistas é ir “paso a paso”. “É un momento de reflexionar, ver cal é a mellor opción para o Concello de Cambre, o máis coherente e o máis responsable”.

Da comparecencia de María Pan para explicar os motivos da súa dimisión, dixo que tentou presentarse “como vítima” en lugar de asumir “erros” coma se estes non fosen “seus”. Mentres, rexeitou que non houbese vontade de acordo por parte dos socialistas.

“As poucos veces que se nos convocou era para decisións xa tomadas, sen marxe para debater ou propor alternativas”, recalcou para incidir na necesidade de que haxa diálogo cando o goberno é en minoría. Tamén considerou que Unión por Cambre só buscou o que consideran “mellor para eles, non para o concello”.

ÚLTIMAS

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña pide frear os desafiuzamentos e “acabar coa especulación”

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña urxe paralizar os desafiuzamentos e "acabar...

Á rúa por unha reforma integral no CEIP Cidade Vella

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

A Coruña acollerá do 4 ao 19 de novembro unha nova edición do festival de cultura accesible Festigual

A cidade da Coruña acollerá do 4 ao 19 de novembro unha nova edición...

A Coruña reclama á Xunta 3,6 millóns para vivenda tras ser declarada mercado tensionado

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar á Xunta que xestione os fondos...