InicioCULTURAO Fumega Festa lanza o seu cartel

O Fumega Festa lanza o seu cartel

Publicada o

Por editor

O festival Fumega Fest acaba de dar a coñecer o seu cartel para a súa primeira edición. O evento, que terá lugar o 4 e 5 de xullo no histórico Parque do Pasatempo de Betanzos, aposta por grandes nomes a nivel europeo, con bandas da talla de Monkey3 (Suiza), Psychonaut (Bélxica), Greenleaf (Suecia) ou Dvne (Escocia). Xunto a eles actuarán Exxasens (Barcelona), Mohama Saz (Madrid), Mano de Piedra (Vigo) e Kalte Sonne (Lugo). Este cartel de luxo abrangue o mellor do stoner rockpost-rockpsychspace-rock e post-metal, nunha aposta forte por conformar un cartel á altura dos mellores festivais europeos da escena.

Betanzos fará unha viaxe musical a través da distorsión e os ritmos intensos con dous días cheos de boa música nun marco incomparable. Baixo a mirada do Parque do Pasatempo, declarado Ben de Interese Cultural e un dos parques con máis historia de Europa, arranca unha primeira edición que promete ser única en Galicia.

Os abonos para o Fumega Fest sairán á venda o próximo venres 11 de abril en www.fumegafest.com e Enterticket a un prezo promocional de 45€ + gastos de xestión. O festival porá á venda tamén a acampada, que contará con zona cuberta, control de acceso e todos os servizos do pavillón municipal. Atoparase a escasos metros andando do recinto de concertos e do centro da vila, e terá un prezo de 15€.

fumega fest copia

Máis novas

O Pasatempo será escenario do novo Fumega Fest

 

ÚLTIMAS

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

"Como é posíbel que o propio Concello chame “parque” ao espazo que vén de...

O IMCE aproba os pregos do próximo Programa de Lecer sen as aportacións dos docentes

A pesar das peticións dos docentes, e das promesas do edil de Cultura, o...

Novo Mesoiro estrea o seu novo parque deportivo

Necesaria era outra nova infraestrutura deportiva nun barrio de familias novas como Novo Mesoiro....

Reabre o parque infantil de Puga e Parga tras a renovación das zonas verdes e de xogos

Xa está aberto case na súa totalidade, para o desfrute dos nenos e nenas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here