InicioSOCIEDADEInés Rey apoia crear un novo xulgado de violencia de xénero na...

Inés Rey apoia crear un novo xulgado de violencia de xénero na cidade

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, trasladou o seu apoio á demanda de crear un novo xulgado de violencia de xénero na cidade sen converter un xulgado de instrución para este fin. Así o expuxo con motivo da reunión, no Palacio de María Pita, con Áurea Fernández Basanta e Manuel José Lago, representantes do Sindicato Independente de Funcionarios Públicos (CSIF), para escoitar as súas demandas e propostas sobre os plans de ampliación do número de xulgados de violencia sobre a muller en Galicia.

Rey compartiu cos representantes sindicais o positivo balance da creación de catro novos xulgados de violencia na comunidade autónoma, pero tamén compartiu que esta creación “non pode ser á conta de reconverter os xulgados de instrución”. Os representantes de CSIF trasladaron á alcaldesa que dita reconversión afondaría nos problemas de saturación que xa teñen os xulgados de instrución en Galicia. Por iso solicitaron o apoio do Concello para que na Coruña a proposta final sexa a creación de novos xulgados de violencia sen modificar outros servizos existentes.

ÚLTIMAS

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

A patronal do comercio alimentario pide volver ao diálogo

A Asociación de Supermercados, Autoservizos, Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) fixo...

Desarticulada unha rede que asaltaba creadores de contido dixital

Axentes da Policía Nacional e dos Mossos d'Esquadra desarticularon unha organización criminal asentada en...

A Garda Civil localiza e detén dous fuxitivos nunha terraza

Dous veciños de Carballo, de 24 e 32 anos, sobre os que pesaban ordes...