InicioSOCIEDADEA Deputación fixo entrega dos seus Premios Sociais

A Deputación fixo entrega dos seus Premios Sociais

Publicada o

Por editor

A Deputación da Coruña entregou este mércores os IV Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, uns galardóns que recoñecen o compromiso e a traxectoria de entidades e profesionais que traballan pola inclusión social e o benestar das persoas máis vulnerables da provincia.

As entidades premiadas nesta edición foron a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Rede Europea contra a Pobreza (EAPN Galicia), a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), a Asociación Raíña Paraíso, a Fundación Meniños e a Asociación Arraianas. Ademais, recoñeceuse tamén a labor da xornalista de La Voz de Galicia, Beatriz Abelairas, como mellor comunicadora en materia de servizos sociais.

Entidades premiadas

A Deputación da Coruña dota con 42.000 euros estes premios (7.000 € a cada unha das entidades premiadas), que servirán para que podan seguir desenvolvendo e consolidando os seus proxectos.

Entre os galardóns desta noite destaca COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), que foi recoñecida pola súa traxectoria dende 1989, traballando en prol da inclusión plena das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. A súa rede está composta por 60 entidades e presta servizo a máis de 20.000 persoas ao ano, xestionando ademais 10 iniciativas de economía social e dando emprego a máis de 700 persoas con discapacidade en Galicia.

Na categoría de Investigación científica en servizos sociais, foi galardoada EAPN Galicia pola proposta “Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas”. Este traballo, de alto valor técnico, forma parte dun estudo realizado en paralelo aos programas integrados para o fomento do emprego con 14 entidades do terceiro sector.

O recoñecemento a accións sociais no ámbito rural foi para a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), polo proxecto “O silEMcio do rural”, unha iniciativa centrada na detección e análise das necesidades das persoas con esclerose múltiple que viven en contornas rurais galegas, poñendo en valor as súas realidades e promovendo accións de apoio adaptadas.

Na área de atención a persoas maiores, discapacidade e dependencia, destacou o proxecto “Companio Rural” da Asociación Raíña Paraíso de Mesía, que ofrece un punto de encontro semanal a 15 persoas maiores de 85 anos que viven soas no rural. A iniciativa inclúe actividades sociais, lúdicas e culturais, ademais de servir como ferramenta contra a soidade non desexada.

En canto á categoría de familia, infancia e adolescencia, foi recoñecido o “Programa de Atención Perinatal para Mulleres embarazadas en risco de Vulnerabilidade Social” da Fundación Meniños, que ofrece acompañamento personalizado ás nais desde a xestación ata os 18 meses do bebé, co obxectivo de garantir un entorno seguro e protector para a nai e o neno.

Finalmente, no eido da inclusión social, a Asociación Arraianas foi premiada pola iniciativa “NNABATA”, un programa de atención integral dirixido a persoas migrantes, que combina atención individual e grupal para favorecer a súa participación activa na sociedade e o seu empoderamento.

Os Premios do ano pasado

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here