InicioECONOMÍANova marca histórica: o porto da Coruña recibiu máis de 220.000 pasaxeiros...

Nova marca histórica: o porto da Coruña recibiu máis de 220.000 pasaxeiros a bordo de 136 buques o ano pasado

Publicada o

Por Nova marca histórica: o porto da Coruña recibiu máis de 220.000 pasaxeiros a bordo de 136 buques o ano pasado

O porto da Coruña pechou 2022 con “marca histórica” en cruceiros, con 222.723 pasaxeiros a bordo de 136 buques, co que pasou o teito alcanzado en 2017, cando se rexistraron 184.069 pasaxeiros en 121 escalas.

Nun comunicado, a Autoridade Portuaria asegura que, con estes datos, o porto herculino consolídase como líder do noroeste peninsular, “cos mellores datos en toda a franxa que abarca desde Lisboa ata a fronteira con Francia”.

Ademais, destaca que durante o pasado ano “demostrou de novo a súa capacidade para acoller a grandes buques, mesmo de maneira simultánea, e xestionar grandes fluxos de pasaxeiros”.

“Proba diso foron as 20 escalas dobres e o tres escalas triplos rexistradas“, engade. Entre outros, figura a primeira escala do ‘Disney Magic’ ou do ‘Valiant Lady’, o gran cruceiro de Virgin. Outra atracada foi a de ‘Carnival Celebration’, que elixiu A Coruña como escala para a súa viaxe inaugural.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...