InicioCULTURAO Fumega Fest desvela o cartel por días para a cita do...

O Fumega Fest desvela o cartel por días para a cita do Pasatempo

Publicada o

Por editor

O festival Fumega Fest, que abre a venda de entradas este venres 23 ás 12:00h dende 32€ en www.fumegafest.com e Enterticket, vén de dar a coñecer o reparto dos artistas entre as xornadas do 4 e 5 de xullo.
O singular Parque do Pasatempo de Betanzos vivirá dúas xornadas coas mellores bandas a nivel europeo de stoner rock, post rock, psych, space rock e post metal, nunha primeira edición que aspira a afianzarse como un dos grandes reclamos do xénero na Península Ibérica.

VENRES 4 DE XULLO

A xornada do venres 4 de xullo estará encabezada por un dos grandes atractivos desta edición, Monkey3. Dende Suiza, o grupo trae unha fusión explosiva de stoner rock, space rock e progresivo.
Xunto á banda suíza, dende Escocia chega outra das grandes bandas internacionais do festival, Dvne, que destaca como un dos grupos máis potentes e ambiciosas do post-metal progresivo.
Neste caso dende Bélxica, a intensidade progresiva de Psychonaut converteunos nunha das propostas máis innovadoras do stoner e post-metal.
Completando esta primeira xornada, actuará unha das bandas máis representativas da escena galega, Mano de Piedra, que dende Vigo chegarán para fusionar stoner, hardcore e post metal cunha brutalidade sonora impactante.

SÁBADO 5 DE XULLO

A xornada do sábado 5 de xullo estará encabezada por outro dos grandes nomes desta edición, Greenleaf, que aterrarán dende Suecia, lugar onde crearon o seu son en base á psicodelia, o hard rock e o heavy blues.
A aposta por grandes nomes consagrados da escena estatal chegará da man dos cataláns Exxasens, que levan máis de 15 anos redefinindo os límites do post-rock e space rock instrumental.
Neste caso dende terras madrileñas, chega para esta última xornada unha das propostas máis incalificables do cartel. Mohama Saz combina psicodelia, rock, jazz espiritual e sons tradicionais do Mediterráneo, Oriente Medio e Norte de África.
Pechando o cartel desta segunda e última xornada, o festival traerá dende Lugo o post-rock e o metal instrumental de Kalte Sonne, un dos grandes grupos galegos que se destacou en festivais de toda Europa.

Xunto ás entradas de día, o festival porá á venda tamén un pequeno cupo de accesos á acampada diarios, espazo que contará con zona cuberta, control de acceso e todos os servizos do pavillón municipal. Atoparase a escasos metros andando do recinto de concertos e do centro da vila, e terá un prezo de 12€.

Fumega Fest é un festival promovido pola promotora PlayPlan, encargados de festivais como BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas ou Festival do Pasatempo, así como das carreiras de artistas como Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras, Vimbio, Sabela ou Hugo Guezeta. O evento conta coa colaboración institucional do concello de Betanzos e o patrocinio de El Águila.

ÚLTIMAS

A Xunta nega recortes en Educación e acusa a Inés Rey de desatender o mantemento dos colexios

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional negou categoricamente unha redución do...

Finaliza sen acordo a negociación do convenio de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

As negociacións polo convenio do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña...

Avanzan as obras dos Cantóns, con inicio da próxima fase a comezos de marzo

Visita institucional esta mañá ás obras dos Cantóns, no marco da humanización da zona....

Cinco taxis coruñeses poderán operar en Alvedro a partir do 16 de marzo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here