InicioA CORUÑAOs distintos campus da UDC acollen a case 3.700 das probas da...

Os distintos campus da UDC acollen a case 3.700 das probas da Selectividade desde este martes

Publicada o

Por europapress

Un total de 3.639 estudantes realizarán desde o vindeiro martes, día 3, ata o xoves, día 5, as Probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (PAU) na Universidade da Coruña (UDC).

Segundo informa o reitorado, no caso do Lerd da Coruña son 2.844 os alumnos e alumnas matriculados. Deles, un total de 2.722 farán as súas probas en facultades e escolas da propia Universidade e os 122 que corresponden a estudiantado de centros de Cee e Zas examinaranse no IES Agra de Raíces de Cee. O campus de Ferrol acollerá a 795 aspirantes.

A xornada dará inicio ás 9.00 horas do martes cunha presentación na que o estudiantado recibirá información do desenvolvemento das probas, para dar paso ao primeiro exame que será o de Lingua Castelá. A finalización da PAU está prevista para o día 5, ás 13.00 horas. Na Coruña, estarán habilitadas para estas probas un total de seis facultades e escolas.

No campus de Elviña, serán a Facultade de Dereito, a ETS Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos, a Facultade de Informática e a Facultade de Economía e Empresa. No campus da Zapateira, haberá na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e Filoloxía. No campus de Ferrol, o alumnado distribuirase entre a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e a Facultade de Humanidades e Documentación. A convocatoria extraordinaria, destinada a alumando que aprobase o Bacharelato nas recuperacións ou suspendese a proba na convocatoria ordinaria, será entre o 1 e o 3 de xullo.

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...