InicioA CORUÑAAs obras de remodelación na avenida de Alfonso Molina provocarán afectacións no...

As obras de remodelación na avenida de Alfonso Molina provocarán afectacións no tráfico o martes 10

Publicada o

Por europapress

As obras de remodelación na avenida de Alfonso Molina, na Coruña, provocarán afectacións no tráfico o vindeiro martes, día 10, a partir das 10.00 horas.

Produciranse afectacións no ramal de saída cara a rúa Xenebra, diante da fábrica da Coca Cola, sentido saída da cidade. Permitirase o acceso cara á Zapateira, inmediatamente despois da gasolineira Repsol.

Os destinos principalmente afectados son o Hospital Quirón e o colexio Peñarredonda, existindo itinerarios alternativos por ese motivo.

Os accesos á fábrica de Coca-Cola durante ese día será coordinados cos responsables da planta. Utilizarase o punto de saída de vehículos pesados como de entrada e saída.

O corte efectuarase desde as 10.00 ata as 20.00 do martes 10 de xuño. As actuacións consistirán na execución de traballos de localización da tubaxe de abastecemento.

Máis novas do proxecto

Aprobado o proxecto do carril bici na Avda. Alfonso Molina

A remodelación da avenida Alfonso Molina adxudicada por 18,3 millóns de euros

ÚLTIMAS

A CIG denuncia “colapso” en Urxencias do Chuac e a xerencia alega unha “demanda superior á habitual”

CIG-Saúde da Coruña denunciou a "grave saturación" que se está producindo no Servizo de...

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

Traballadores de Ferroglobe mobilízanse contra o ERTE da empresa

Traballadores de Ferroglobe mobilizouse este mércores ante a fábrica de Sabón, en Arteixo, contra...

Inés Rey reclama á Xunta que asuma as súas competencias sobre os centros escolares

Como fixo esta semana xa o concelleiro de Educación, o Concello volve poñer no...