O Concello da Coruña presentou unha campaña que busca impulsar a recollida das deposiciones de cans na cidade e acabar con “comportamentos incívicos”. “Na cidade temos 32.000 cans e non todos os seus propietarios cumpren coas obrigacións recollidas na ordenanza con respecto ás deposiciones”, explicou a concelleira de Medio Ambinete, Yoya Neira.
Así, apuntou a unha “minoría” que non recolle nin deposita nos colectores. A iso, engadiu o que non se use a botella de auga que hai que levar para diluír as miccións. Con Neira, presentou tamén a campaña a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz. Sobre a mesma, indicaron que a partir do luns, día 16, coa lema ‘Pode saír caro’, porase en marcha a mesma. Nela, advírtese de sancións por non recoller as deposiciones dos cans que poden ser de 500 euros e ir aumentando ata os 30.000 se o infractor é reincidente.