InicioECONOMÍARenfe e o Consorcio de Turismo da Coruña promocionan as viaxes en...

Renfe e o Consorcio de Turismo da Coruña promocionan as viaxes en tren para visitar a cidade

Publicada o

Por Renfe e o Consorcio de Turismo da Coruña promocionan as viaxes en tren para visitar a cidade

O presidente de Renfe, Isaías Táboas, e a alcaldesa da Coruña e presidenta do Consorcio de Turismo, Inés Rey, asinaron en Madrid un acordo de colaboración para impulsar o turismo na Coruña e as viaxes en tren como principal medio de transporte para chegar á cidade.

A firma do acordo tivo lugar nas oficinas centrais de Renfe en Madrid, e á mesma asistiron, ademais de Táboas e Rey, o concelleiro de Turismo da Coruña, Juan Ignacio Borrego, e o xerente de Turismo da cidade galega, Moisés Jorge Naranjo.

Ambas as entidades traballarán conxuntamente para promocionar A Coruña como destino turístico e de negocios utilizando o tren como transporte. Para iso, difundiranse actividades turísticas e culturais, campañas conxuntas e eventos a través de diferentes canles de comunicación comercial.

Renfe ofrecerá un 10 % de desconto sobre a tarifa aberta ao público aos asistentes e expositores das actividades que leven a cabo para promocionar o turismo de congresos, convencións e aqueloutros eventos que celebre ou organice o Consorcio. A empresa tamén ofrecerá o mesmo desconto sobre o prezo de referencia a todo viaxeiro que contrate escapadas temáticas ou de turismo.

ÚLTIMAS

O Concello contratará un software para controlar as colonias felinas

O Concello da Coruña sacou a contratación un servizo de xestión das colonias felinas...

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...