InicioSOCIEDADEPersoal do Chuac denuncia o peche de máis de 200 camas no...

Persoal do Chuac denuncia o peche de máis de 200 camas no verán

Publicada o

Por Persoal do Chuac denuncia o peche de máis de 200 camas no verán

Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) denunciou “o peche este verán de máis de 230 camas”, principalmente de Medicina Interna, no hospital universitario, no Abente e Lago e no Materno Infantil. “Estes peches, presentados como unha reordenación, non contan con alternativas nin reforzos asistenciais e teñen un impacto directo sobre a atención aos pacientes”, sinalan nun comunicado.

Fronte a iso, desde a xerencia indican que “como ocorre todos os anos na época estival, este verán a Consellería de Sanidade terá o 100 % das camas hospitalarias dispoñibles se así o require a demanda asistencial”. “Unha vez feita a análise pormenorizada dos recursos necesarios en cada unha das sete áreas sanitarias e tendo en conta a ocupación media de camas rexistradas en cada unha delas o pasado verán, a Consellería de Sanidade manterá operativas preto do 92 % das camas dos seus hospitais”.

Isto, sinala ao aludir a un 91,7 %, “supón unha porcentaxe superior ao do ano pasado (88,6 %), aínda que se habilitarán máis de ser necesarias xa que o 100 % delas estarán dispoñibles para ser empregadas“. Tamén indica que a planificación asistencial faise tendo en conta factores como “os menores índices de ocupación hospitalaria”.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...