InicioCULTURAO BNG acusa á Xunta de "amparar" o "novo espolio" dos Franco...

O BNG acusa á Xunta de “amparar” o “novo espolio” dos Franco na Casa Cornide

Publicada o

Por europapress

A deputada e portavoz de Cultura do BNG no Parlamento, Mercedes Queixas, acusou ao Goberno do PP na Xunta de “amparar” co seu “inacción” o “novo espolio” da familia Franco na Casa Cornide da Coruña. Ademais, afeou á Xunta que “dificulte” a súa xestión como Ben de Interese Cultural (BIC), o que cualificou de “un novo recochineo á democracia e á sociedade galega”.

Neste contexto, Queixas referiuse á apertura ao público do inmoble esta semana cunha primeira visita “na que se puido comprobar que no interior da Casa Cornide non quedan mobles nin outros bens materiais, facéndose realidade as advertencias dos veciños”. Tal e como denunciou a nacionalista, os veciños “chegaron a retratar fotográficamente furgonetas de mudanzas entrando e saíndo do edificio, con total amparo ou conveniencia da Xunta”. “A Casa Cornide é representación da Ilustración galega e, lamentablemente, convertérona tamén en representación do espolio franquista”, criticou Queixas.

A deputada denunciou ademais o “raquítico” réxime de visitas deste Ben de Interese Cultural, xa que os herdeiros do ditador “só permiten o acceso de cinco persoas por quenda de visita dunha hora os luns de 09.00 a 13.00 horas”. É por todo isto que o BNG rexistrou unha iniciativa no Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Rueda, ao que Queixas quere preguntar, entre outras cuestións, “se lle parece que está a garantir por parte da Familia Franco o dereito de acceso ao público á Casa Cornide”.

Ademais de cuestionar se a Consellería de Cultura coñecía a situación na que se atopa o inmoble ou se chegou a realizar un inventario dos bens mobles e materiais existentes no seu interior antes de que fose declarada BIC. “Pola contra, por que razón non o fixo cando era ben consciente das actitudes históricas da familia Franco centradas na apropiación ilexítima e fraudulenta de bens patrimoniais colectivos?”, indicou o BNG nunha nota de prensa.

ÚLTIMAS

Denuncian o caos na nova parada de bus metropolitano entre o Colón e Correos

Xusto compartíamos onte un vídeo dunha mañá calquera na nova parada de fin de...

O BNG lanza a súa primeira promesa electoral: unha “primavera cultural na Coruña”

Entra xa en campaña a nova candidata do BNG á Alcaldía en 2027, Avia...

A veciñanza de Monte Mero si que encaixa

A veciñanza afectada polo plan urbanístico de Monte Mero manifestouse esta mañá diante dos...

Piden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de Visma

Avanza, ante a ollada de toda a cidade, o delirio urbanístico de Visma. Máis...